COMENTARIO DE
"O PAI DE MIGUELIÑO"
O pai de Migueliño chegaba das Américas e o rapaz non cabía de gozo no seu traxe festeiro. Migueliño sabía cos ollos pechados cómo era o seu pai; pero denantes de saír da casa botoulle unha ollada ó retrato.
Os "americanos" xa estaban desembarcando. Migueliño e a súa nai agardaban no peirán do porto. O corazón do rapaz batíalle na táboa do peito e os seus ollos esculcaban nas greas, en procura do pai ensoñado.
De súpeto avistouno de lonxe. Era o mesmo do retrato ou aínda mellor portado, e Migueliño sinteu por el un grande amor e canto máis se achegaba o "americano", máis cobiza sentía o rapaz por enchelo de bicos. ¡Ai!, o "americano" pasou de largo sen mirar para ninguén, e Migueliño deixou de querelo.
Agora si, agora si que o era. Migueliño avistou outro home moi ben traxeado e o corazón dáballe que aquel era o seu pai. O rapaz devecíase por bicalo a fartar. ¡Tiña un porte de tanto señorío! ¡Ai!, o "americano" pasou de largo e nin tan siquera reparou que o seguían os ollos angurentos dun neno.
Migueliño escolleu así moitos pais que non o eran e a todos quixo tolamente.
E cando esculcaba con máis anguria, fíxose cargo de que un home estaba abrazando á súa nai. Era un home que non se parecía ó retrato; un home moi flaco, metido nun traxe moi floxo; un home de cera, coas orellas fóra do cacho, cos ollos encoveirados, tusindo...
Aquel si que era o pai de Migueliño.
Do libro de "Cousas" de Castelao
O relato de "Cousas" que imos comentar, pódese estructurar nos seguintes apartados:
RESUMO: O relato trata dun fillo e unha nai que van buscar ó seu pai que chega das Américas, e o que pensa o rapaz e as súas ilusións rotas.
FORMA e ESTILO: O relato está escrito nun estilo doado de entender, como se fose falado en vez de escrito. O galego non é o normativo, posto que non existía a normativa daquela, e as expresións son coloquiais e resulta fácil de ler; isto vai en consonancia coa filosofía de "Cousas" e de Castelao que non é rebuscado ou complicado coma Risco e Pedrayo da súa xeración, e está máis en relación co pobo e a xente humilde que é da quen fala en "Cousas".As oracións adoitar ser ou simples ou coordinadas, e difícil atopar unha subordinada, pero non por isto é unha linguaxe descoidada.
ESTRUCTURA:
1ª parte: En casa de Migueliño onde se nos introduce na historia cunha cantas pinceladas como o debuxo que figura no encabezamento do relato, que aparece o fillo mirando o cadro do seu pai para lembrar como era. Isto introdúcenos ó primeiro tema do relato, que é a emigración. Hai tanto tempo que o pai tivo que marchar, que o fillo non o coñece: aínda que el tiña unha imaxe do seu pai que "…sabía cos ollos pechados cómo era…", esta imaxe non era real, xa que tivo que botar "… unha ollada ó retrato".
Esto aparece reforzado na 2ª parte: No peirao, onde o rapaz espera que o seu pai sexa un deses triunfadores que chegaban das Américas. Tiña unha idea del, que mesmo un destes trunfadores ricos se parecía ó do retrato, "… ou aínda mellor portado,…". Logo aparece outro que só por levar un bo traxe, xa cría que era o seu pai. E "…así moitos pais que non o eran…". As ilusións do rapaz van crecendo ata ir perdendo as ilusións.
É na 3ª parte, onde o rapaz cambia a ilusión pola "anguria". Cando o pai que de súpeto ve que abraza a súa nai, resultou ser un pobre home doente "Era un home que non se parecía ó retrato…"
O ESPACIO e O TEMPO
Está unida á estructura. Por unha banda hai un espacio explícito que fai referencia ó camiño do rapaz e a nai.
Casa-- Peirao
O paso da casa ó peirao non aparece no relato, xa que con certas pinceladas típica dos relatos, presupoñemos o nerviosismo da nai e do fillo nese traxecto ante a chegada do pai.
E por outra banda hai un espacio que ten que ver co tema: a emigración, que é a viaxe que fai o pai.
América – Galicia .
Este traxecto é o tema do conto, e debeu ser angurioso polos pensamentos do pai que non levaba nada de volta.
O tempo da narración esta en pasado, xa que predomina o Pto. Perfecto: "estaba…, batíalle…., esculcaba….."
O tempo da historia poderíamolo encadrar nos comezos de século XX, onde a emigración estaba a ser unhas das principais causas so abandono de Galicia.
O desenvolvemento da acción é moi breve: Da casa ó peirao e a espera na que chega o pai.
TEMAS:
O tema principal é a emigración pero na súa parte negativa, a que fai volver ó pai a Galicia sen ningún diñeiro. Pero aparecen outros temas como a ilusión dun rapaz, a separación pai-fillo, a emigración positiva e a negativa reflectida nos "americanos", o amor da muller, a penuria do ser humano.
CONCLUSIÓN:
O relato está moi ben escrito: con unha cantas pinceladas Castelao danos a coñecer o drama dunha época e a psicoloxía dos personaxes.
O relato lévanos á unha Galicia de hai un século, pero con parecidos problemas ós de hoxe:
É unha reflexión sobre a vida como o fai no resto dos relatos deste libro, e que tamén aparece, esta filosofía, nas súas pinturas.