Comentario do poema: "Oración do artista que volta"
de Luís Seoane
Luis Seone poderíase englobar dentro da xeración chamada "Os escritores do exilio". Fillo de emigrantes, naceu en Buenos Aires en 1910. Foi a Galicia con 6 anos e trala guerra civil volve a Buenos Aires. Nese anos publica o seu libro "Na brétema san-iago" (1956) ó que pertence este poema: "ORACIÓN DO ARTISTA QUE VOLTA"
2. FORMA:
O poema está composto de 3 estrofas con verso libre: é dicir non ten rima, e o número de sílabas vai variando.
3. TEMA:
A emigración
4. ESTRUCTURA:
O poema pódese dividir en 2 partes:
5. FIGURAS e CONTIDO.
O poema comeza co verbo "queremos" en primeira persoa que se mantén en todo o poema fronte a segunda persoa "ti" referida o mestre Mateo. Os tres primeiros versos fan referencia ós croques na catedral de Santiago, que foi feita, en parte, por o mestre Mateo.
Nos tres seguintes versos hai unha reiteración ou repetición da palabra "medo", que fai referencia a nosoutros os galegos.
A partir do verso sete aparece unha comparación "coma ti " con dous termos ti/nós coa esperanza de perde-lo medo como fixo mestre Mateo.
A SEGUNDA ESTROFA, comeza cunha referencia ó camiño de Santiago que tamén pode ter relación coa volta dos emigrantes a Galicia. Destaca o uso de verbos que reforza a idea movemento das viaxes da emigración.
Nos versos 19 e 20, aparece a repetición de "testa" que intensifica a unión do home e a pedra, é dicir entre o home e a súa terra.
A partir do verso 22 aparecen as comiñas que introducen un diálogo entre nós que represente os galegos e o ti de Mestre Mateo, que fai referencia á morriña que temos os galegos cando emigramos.
A TERCEIRA ESTROFA continúa con ese diálogo pero nun presente que vén introducido polo adverbio "agora" onde a soas, fronte a catedral que representa a Galicia, o poeta afirma que os emigrantes volven aínda que sexa para morrer.
6. CONCLUSIÓN
O poema representa a terrible realidade de Galicia que ten que emigrar.
E esa emigración aparece reflectida en varios paralelismos:
Nós, os galegos ti, Mestre Mateo
O artista Mateo o artista Luis Seoane.
Santiago- Galicia.
Todo isto mestúrase no poema formando unha oración que remata nun "amén" ante a fachada da catedral para dar gracias por volver a Galicia "como outros fixeron antes".