[Posición anterior]     

Comentario 1/2 de texto sobre o poema de Rosalía titulado: "O SILENCIO"

PRIMER COMENTARIO

O poema comeza nos dous primeiros versos cunha descrición dun estado de ánimo de excitación ("man nerviosa", "palpitante o seo") do que se dispón a facera algo.

Nos seis seguintes versos aparece esa mestura de sentimentos contida que esta a punto de espeitar quizais nun choro "as nebras do meus ollos condensadas".Os dous seguintes versos son paralelos sintacticamente e comezan cunha repetición da palabra "mundo" referido a todo o que abarca a persoa que representa a voz do poeta. Este está cheo de dúbidas e tormentos, e esta loita de pensamentos e sentimentos refléxase na forma por medio de este paralelimo que intesifica o contido así como a posible repeticion das nasais "m" e "n"ó longo destes e dos seguintes versos. Esta repetición de estructuras e sons reflexan a louco tormento do "poeta". Isto continúa nos dous seguintes versos máis curtos métricamente (7 sílabas) onde se expresa claramente a idea da "loita" e "batalla" que representa o sentimentos do poeta dos seguintes versos " desexos que atormentan" "rencores que matan" e todo isto calificados como "inmortales", como un sufrimento que xamais rematan.

No verso nove volta coa acción que estaba describendo nos dous primeiros versos: aquela man nerviosa está a punto de mollar en tinta a pluma, é dicir está a punto de escribir para poder soltar todos eses sentimentos que ten no seu interior. Este sentimento de dolor refléxase na metáfora de tinta por "sangue" e de bote onde está a tinta por "vena inchada", que tamén mostra esa idea de que quere explotar. E despois desta imaxe de sangue e vena, volve ó término real " e escribo..., escribo... ¿para que?..." (verso 11), mostrando así que non lle serve para nada o feito de intentar explicar o seus sentimentos. Esta idea tamén se reflexa na exclamación dos seguintes versos onde o poeta se dirixe a estes sentimentos tormentosos para que se queden no máis fondo do seu ser: "¡Vólvede ao máis fondo da ialma..!" (versos 11,12), e para que non sexan máis que recordos : "mortas relembranzas" (ver. 14)

Pero son nos catro últimos versos do poema onde se volve a retomar claramente a idea primeira da "man tembrosa" e do significado último do poema: na exclamación do versos 15 e 16 di que escribir só é poñer " palabras", é dicir, ve o escribir como unha cousa baldeira.Pero son nos dous últimos versos onde podemos atopar o tema; aquí o poeta por medio dunha interrogación retórica, e que polo tanto non espera resposta, pregúntase sobre que sucedeu con eses sentimentos que, aínda que tormentosos, son moi puros, posto que saen do seu interior. Pois ben, ó intentar exteriorizar ese sentimentos por medio das palabras pérdese esa pureza, esa "forma inmaculada", e o poeta sabe de antemán que isto vai a acorrir e por iso tembla cando quere sacar o seus tormentos posto que non serve as palabras para expresar sentimentos tan fondos

 

TEMA: Hai sentimentos tan profundos que nin sequera as palabras serven para expresalos

 

 

[Posición anterior]

Visita o segundo comentario sobre este poema