Comentario 2/2 de texto sobre o poema de Rosalía titulado: "O SILENCIO"

SEGUNDO COMENTARIO

Introducción:

. Na obra poética de Rosalía en galego atopámonos con dúas obras: a primera "Cantares galegos", publicada en 1863, e a segunda, "Follas Novas" que, aínda que publicado en 1880, fora escrito na súa maior parte a finais 1860. Foi nestas datas cando Rosalía, como nos explica no seu prólogo de Follas Novas, nos fala destes poemas onde "apousar neles os meus cansados ollos e o meu fatigado espírito". Estas reflexións sobre a súa poética como un resultado do mencionado desacougo anímico é o tema principal do primeiro dos cinco apartados de que se compón "Follas Novas". e que se titula "Vaguidades"

Neste primeiro apartado é onde nos atopamos con poemas tan profundos e cheos de reflexións líricas como o que imos comentar.

Comentario

Nas primeiras lecturas do poema ademais dun nerviosismo constante que nos reflexan o senso das palabras ("man nerviosa e palpitante" v.1, "mundo de dudas" v.3) vemos tamén unha loita ("loitan" v.5. "batalla" v.6) que se converte en impotente deseperación no final do poema cando deixa a pregunta que non atopa resposta. Estas ideas, nerviosimo, loita, deseperación, aparece reflexado na forma con admiracións, interrogacións e puntos suspensivos ó longo do poema.

Deste desacougo anímico resultan as reflexións sobre a poesía, e en concreto a palabra como forma de expresión, que Rosalía fai neste poerma de "Follas Novas". E este segundo gran tema, a expresión por medio da palabra, aparece explicitamente en expresións como as seguintes: "dura pluma" (v.9), "no papel só escriba" (v.15) "...palabras..."(v.16).

Nos dous últimos versos aparcen ambas ideas como polos opostos que non se poden unir:

- O desacougo anímico: "forma inmaculada e pura" (v.17)

- A palabra que non chega para expresar con claridade os sentimentos: "onde (...a forma inmaculada..) quedou velada?" (v18)

Nun estudio máis detallado do poema poderíamos desenrolar estes dous temas.

Nun primeiro lugar aparece o DESACOUGO cando a propia voz poética describe a súa situación física: trémalle a man e a irritación chégalle ós seus ollos como referíndose a que quere chorar; isto exprésao cunha adxetivación propia deste estado: "nerviosa", "palpitante", "condensadas" e sen verbos, o que fai que o tempo fique inmóbil, sen acción, como é tipico das descripcións. Nótese aquí tamén o paralelismo do primeiro verso que acentúa esa idea de desacougo.

Logo a descrición psíquica: o seus pensamentos loitan atormentados, é dicir, sofre ó pensar. De novo é o paralelismo a figura que reforza o contido do desacougo, pero en verso diferntes: "mundo de dudas nos..."(v.3) / "mundo de tormentos nas..." (v.4), e un verbo en xerundio, "sentindo" (v.5), que indica que unha acción estase a desenrolar ó mesmo tempo que outra: tormento e loita á vez. Outro paralelismo atopámolo nos verso 7 e 8 "desexos... e rencores..." modificados por sendas subordinadas de adxetivo: "... que atormentan" (v.7), "... que matan" (v.8) que coseguen ese efecto de resalte típico da reiteración, e a función de descrición que adoita facer o adxetivo.

O máis importante son os pensamentos desacougados os cales se mostran na persoa que fala De aí a descrición física estea expresada en só dous versos, mentres que é a psíquica, na que recae a maior atención, ocupe os seis seguintes versos.

Nun segundo lugar, a partir do verso nove e ata o verso once, aparece o segundo tema: A EXPRESIÓN. Agora o uso do verbo é frecuente, o que lle dá máis accíon e dramatismo posto que aquela condensación de sentimentos intenta saír cunha enorme forza. Comeza este desexado fluír cunha imaxe do propio poeta ("no propio sangue" v.9) que se identifica coa escritura ("dura pluma.." v.9 / "...escribo..." v.11). Creador e creación xuntos pero sen atopar a finalidade disto: "¿para que?" (v.11)

No terceiro lugar, xúntase ámbalas ideas na desesperación: o creador non pode expresarse na súa creación. Primeiro enfádase cos sentimentos facéndoos volver de onde viñan "¿Volvede... imaxes!" (vs.11,12,13) / "Ide... coas mortas relembranzas" (v.14), e logo coa sua propia palabra, á que califica de baldeira por medio desa reiteración que fai perder o contido a calquera término tras repetilo varias veces : "palabras, e palabras, e palabras!" (v.16), e que recorda o verso 11 ("escribo..., escribo...,") onde xa nos adiantaba esta idea. É dicir volve a retomar as ideas de todo o poema, pero en vez dos adxetivos das descricións e dos verbos da acción, agora utiliza continuas exclamacións que realzan o valor enfático do tema. E, cando no penúltimo verso, volve o tono enunciativo que parece calmar o estado anímico do poeta, remata, no último, cunha interrogación onde se pregunta en que punto da súa creación os sentimentos do creador quedaron velados. O que era nerviosa desesperación tórnase agora en impotencia para expresarse.

 

[Posición anterior]

Visita o primeiro comentario sobre este poema