volver

En Galicia hai 3 bloques ou zonas onde se fala con características determinadas:

 

Bloque Occidental

Bloque central

Bloque Oriental

Ver mapa das zonas

 

Nota:

Na fonoloxía, o vocalismo de vocais media-abertas representadas por maiúsculas.

Nos exemplos, cando haxa formas non normativas, as formas correctas van entre parénteses.

Visita o vocalismo galego

 

 

Bloque Occidental

· Metafonía: Isto é que utilízase vocais pechadas ou abertas en posición tónica, por influencia da última vocal átona: "posto", "neve", "Ela" en vez de /pOsto/, /nEve/, /ela/.

· Seseo explosivo, é dicir cambio do son "z" por "s", ó comezo de sílaba: "sapato" en vez de "zapato"

· Gheada: Pronunciar "gh" (parecido o "j" castelán) en vez de "g": "ghato" en vez de "gato"

 

Este bloque ten 2 áreas: ver mapa das áreas

 ÁREA FISTERRÁ

  1. Seseo explosivo: "faser, cosíña" ( en vez de "facer, cocíña")
  2. Cheismo
  3. As persoas P4 eP5 do irnperf., pluscuam e condic. son esdrúxulas: cantábamos (en vez de "cantabamos")
  4. Os perfectos rematan en "-o": cantano, colleno (cantaron, colleron)
  5. Imperfecto rematados en -iña (en vez de "-ía")
  6. Formas: "valo, vala, sallo, salla" ("vallo, valla, sallo, salla")

 

 

ÁREA PONTEVERESA

Subárea Hia-Umia (0 Sainés) e Subárea do Verdugo (0 Morrazo)

  1. Seseo Implosivo: O mesmo có explosivo pero a final de sílaba /bes/ (vez)
  2. P4 e P5 dos pasados son graves: "cantabamos", "cantaramos", que é o correcto.
  3. Crase do hiato oa en ó: fillá, avó (filloa, avoa)
  4. Subárea do Miño (Tudeuse)

  5. Nasalización: cantén, cantarén (cantei, cantarei)
  6. Pechazón do e por influxo dunha e da sílaba fmal: quere, fixeche (quEre, fixEche) e ás veces sen existir ese contacto: papel, muller (papEl, mullEr)
  7. Suxeito "Tu" (ti)
  8. Subárea Limia Baixa ( Limega) : OURENSE

  9. Pechazón do "e" por influxo dun "e" da sílaba final
  10. Crase do hiato oa en o
  11. Plural : ca-n, ca-ns.

 

 

 

Bloque Central

· Gheada na metada occidental

· Ditongo "oi": "moito", como o correcto

· Plural en "-s" cas, xamós (cans, xamóns)

· Terminación en "-ao", "á": o irmao, o irmá. (irmán)

 

Aquí hai unha área: ver mapa das áreas

ÁREA MINDONIESE

  1. Abertura de vocais en verbos : cantEmos. colIEmos (que deberían estar pechadas: "cantemos, collemos")
  1. Engaden un "-i" o final dos verbos: "puxoi, miroi, poñiai" (púxoo, mírao, poñíaa)
  2. Seña, esteña (sexa. estea)
  3. Sallo, salla (saio, saia,)
  4. Imperativo: sen (se)
  5. Faigo, faiga, (fago, faga)
  6. Llelo (1lo)
  7. Cantábamos, colléramos(Cantabamos, colleramos)

 

COMPARTE CON OUTRAS ÁREAS:

 

 

 

 

Bloque Oriental

· Terminación en "-ao", "a" : o irmao, o irmá. (irmán)

· Epéntese do "i" en sílaba final: mutio, pacio, preguicia (muto, pazo, preguiza)

· Conservación do "u": cuanto, cual, cuatro, cuando (canto, cal, catro, cando)

· Reducción do ditongo "ai" ante "x": baxo, caxa (baixo, caixa)

· Plurais en "is" dos sustantivos rematados en "-n" ou "l": xamois, cais (xamóns, ca/es)

· Morfema verbal "-is" na P5: cantais, cantabais, cantarais (cantades, cantabades, cantaredes)

· Morfema verbal "-steis" nos perfectos: cantasteis (cantastes)

· Formas verbais fais, fain, teis, tein, pois, poin (fas, fan, tes, ten, pos, pon)

· Formas verbais con nasal: cantein, von, están (cantei, vou, estou), como ocurría na parte occidental

· Pronome "-o" enclítico tralo verbo rematado en ditongo: deixouo, canteio, haias (deixouno, canteino, hainas)

· Pronome "tu" ("ti")

 

 

 

Este bloque ten 3 áreas: ver mapa das áreas

 

AREA ASTUR GALEGA

1. Mantense o "-l-" intervocálico: calente. abolo (quente, avó)

2. Palatalización do "1" en "ll": llúa, lleite, ella, caballo (1úa, lelte, ela, cabalo)

  1. Mantense o "O" ante nasal: pOnte. fOnte
  2. Tamén se abren outras que deberían ser pechadas: xamÓn. PantalÓn
  3. Os rematados en "-in"' fan o plural en "-íus": paxarin - paxarius (paxarin, paxaríns)
  4. E o feminino en"- ía": vecia (veciña)
  5. Artigos: el, lo (o)
  6. Demostrativos : estos. esos, aquelos. elos (estes. ese, aqueles, eles)

9. A vocal nos perfectos son todas abertas : colIEra, vendEra, fixEra, viñEra (collera. vendera, fixEra, viñeEra)

 

 

ANCARESA

  1. Gheada
  2. Vocais nasais: agua, gslia (algunha, galiña)
  3. Palatalización de /a/ en /â/ ou /e/: irmâ, fiâr (irma, fiar)
  4. Desaparición do -n final : partí, collí, dixe (partín. collín, dlxen)

 

  

ZAMORANA

  1. Teísmo
  2. Os pronomes tónicos nós, e vós ten o timbre pechado
  3. Desaparición do "-n" final : partí, collí, dixe
  4. Ditongo "ou" dá "oi": dois, oito (dous, outros)
  5. Palatalización do "a" átona: Câldeiro.