OS DEMOSTRATIVOS
OS POSESIVOS
![]()
OS DEMOSTRATIVOS
Son adxectivos determinativos que poden acompañar ó nome como os demais adxectivos:
Estes zapatos, ou, como os pronomes, poden ir en lugar do nome:
Estes son os que me gustan.
Marcan a distancia espacial e temporal do obxecto que sinalan con respecto ó talante: esta mesa (a que está máis cerca de min/nós, aquí) esa mesa (a que está un pouco máis lonxe, al, onda vós/ti) e aquela mesa a que está onda el/eles, lonxe de mm, ah).
Formas dos demostrativos
|
|
Cerca |
Medio |
Lonxe |
|
Masculino |
Este |
Ese |
Aquel |
|
Estes |
Eses |
Aqueles |
|
|
Feminino |
Esta |
Esa |
Aquela |
|
Estas |
Esas |
Aquelas |
|
|
Neutro |
Isto |
Iso |
Aquilo |
Fíxate ben que o plural de ese e este son eses e estes. O neutro isto/iso/aquilo equivale a estas/esas/aque las cousas.
![]()
OS POSESIVOS
Son pronomes, se substitúen o nome, e adxectivos determinativos, se o acompañan.
O posesivo indica pertenza e, como o demostrativo, establécea con relación ás persoas gramaticais.
Formas do posesivo
|
|
Masculino |
Feminino |
Masculino |
Feminino |
|
Un posuidor |
Meu |
Miña |
Meus |
Miñas |
|
Teu |
Túa |
Teus |
Túas |
|
|
Seu |
Súa |
Seus |
Súas |
|
|
Varios posuidores |
Noso |
Nosa |
Nosos |
Nosas |
|
Voso |
Vosa |
Vosos |
Vosas |
|
|
Seu |
Súa |
Seus |
Súas |
En galego é obrigatorio o uso do artigo antes do posesivo: a miña casa agás nos nomes de parentesco, meu pai; ou nos casos de énfase, vocativos, etc.: Ai, meu rei, icomo vés!
Se o posesivo fai referencia á unha
persoa el , ela, só hai unha forma: seu/súa. Se necesitamos precisar, empregámo-las formas: del, dela, deles, delas, de vostede, de vostedes, do pronome persoal:Colleu o do seu lado: colleu o do lado del/dela/deles/delas
Colleu o do seu lado: colleu o de vostedes