Tema 4

PRONOME PERSOAL

 

Lea a teoría e intente face-los exercicios. Logo envíenos a resposta para a súa correción. Se ten algunha dúbida, fágaa constar.

 

 

Definición do pronome

O pronome é a palabra que vai en lugar do nome e desempeña na oración a mesma función.

Distínguense as formas tónicas das formas átonas.

(1) Eu, ti, … estudian

(2) Os pasteis son para vós; as galletas para elas

(3) É máis alto ca min

 

 

 Os cadros dos pronomes

 

 

Formas tónicas

suxeito

complem. con prepos.

complem. con prep. Con

non reflexivos

reflexivos

non reflexivos

Reflexivos

SING

EU

MIN

COMIGO

TI

CONTIGO

EL

SI

CONSIGO

ELA

PLURAL

NÓS

CONNOSCO

VÓS (VOSTEDES)

CONVOSCO

ELES

CONSIGO

ELAS

 

 

 

 

Formas átonas

non reflexivos

Reflexivos

CD

CI

SING

ME

TE

CHE

O

LO

NO

 

LLE

 

SE

A

LA

NA

PLURAL

NOS

VOS

OS

LOS

NOS

 

LLES

 

SE

AS

LAS

NAS

 

 

 

 

Pronominalizacións

Os pronomes átonos de 3ª persoa de CI son lle/lles e non hai nada mellor para saber empregalos que sustituilos polos OI dunhafrase

 

 Exercicio1/ pronome

Pronominaliza (é dicir, cambia por un pronome) o CI polo pronome persoal de 3ª persoa.

Ex.: Entregou un paquete ó veciño: Entregaulle un paquete

 

      1. Contamos ós nosos pais o que nos pasara na festa
      2. Non dixo toda a verdade á filla
      3. Iso trouxo a el problemas
      4. Terás que levar ó oculista os lentes vellos
      5. Has entregar ó profesor o traballo en limpo
      6. Non deas a eles o que non che deron a ti
      7. Deu un bico ós pais pola mañá
      8. Amosei ós visitantes os museos da cidade
      9. Faltou pouco a eles para aprobar; a ela non fai falta axuda
      10. Deu un premio ós fillos

 

 

Como ves no seguinte cadro os pronomes contraen: ¿Cómo? Pois os de OD cos de OI das formas átonas dos pronomes persoais

 

 

O

A

OS

AS

 

ME

Mo

ma

Mos

Mas

 

CHE

Cho

cha

chos

Chas

 

LLE

Llo

lla

llos

Llas

 

NOS

Nolo

nola

nolos

Nolas

 

VOS

Volo

vola

volos

Volas

 

LLES

Llelo

llela

llelos

Llelas

 

 

Cando pronominalizámo-lo CI e mailo CD, aparecen as contraccións de ámbolos dous pronomes. Fíxate que en primeiro lugar vai sempre o de CI.

 

 Exercicio2/ pronome

Pronominaliza o CI e mailo CD, facendo as contraccións que cumpra.

Ex.: Fíxo unha empanada ós seus invitados: Fíxollela

 

1. Sirve o caldo ós teus irmáns

2. Fai os deberes á súa irmá porque ela non sabe

3. Di a verdade a estes homes

4. Tróuxonos un regalo ben bonito

5. Ensinouvos todo canto sabía

6. Darei a ti todo canto me pidas

7. Non che quero esas nabizas

8. ¡Quen vos dera este pastel!

9. Non me fagas ese feo

1 O. Hei dar a vós todo o meu

 

 

 

Colocación

Coloca o pronome: O ponome en galego pode ir antes do verbo (proclítico) ou despois (enclítico):

Díxoo e calou

Dixo que o vira

Se non sabes distingui-las coordinadas das subordinadas, repasa a sintaxe.

 

Nin o fixen nin o farei.

Mais se houbese unha pausa trala forma negativa, o resto da oración considérase independente:

Non; prométoche que non, e o pronome volve á súa posición enclítica.

 

 Exercicio3/ pronome

Nas seguintes oracións coloca o pronome átono onde corresponda, tendo en conta a negación, a entoación e se a oración é simple ou composta.

  1. ¡Que cousas………..dixo………. (lle)
  2. ¡Como…………puxo………….. ( se)
  3. Non……………fagas………….iso (nos)
  4. Moito………….repetín, ……… pero nunca…….fixo…….. caso (llo, me)
  5. Di………a verdade que eles………queren……….ben (lles, te)
  6. Nunca……..dixo………nada que……..molestase………(lles, lles)
  7. Mal raio ……….. parta………. Eu non………..aturo…….. (te, te)

 

 

ninguén cho fixo,

nada lle chego,

ningún amigo lle queda.

 

Exercicio4/ pronome 

Coloca o pronome átono onde corresponda.

1. Ningúen………. Fará………….. cambiar de opinión (me)

7. Ningunha compensacion……………resarciría………desa perda (vos)

8. Ningún dos amigos……….abandonou………naquel transo (a)

1. Eses ovos facían unha boa tortilla (che)

2. Non me gorentan os doces (che)

5. Señores, eses……….son………… perigosos (lles)

16. Señora…………son………….ben bos estes grelos (lle)

18. Todo…………foi………..un invento dela (che)

 

 

 

 Correción

 

Se entendeches ata aquí, saberás facer este último.

Exercicio5/ pronome

Corrixe os erros das frases seguintes.

1. Me parece que desta aprendinme a colocación do pronome

2. Non che vin onte no cine

3. Non se o prestes, que mérqueo ela

4. Dime quen che o fixo

5. Me verás ou non me verás

6. Vos tedes que ir de contado

7. Paréceme que estaste metendo de máis

8. Díxolles que axudaríaos

9. Se vésme pedir axuda, vaite agora mesmo

10. Os acabei, os exercicios, ¡por fin!