SINTAXE

 

O complemento directo

O complemento indirecto

 

 

 

Os complementos directo e indirecto non gardan a interdependencia de número e persoa co núcleo do predicado;

- Os veciños comeron empanada na carba//eira.

- Chama ós fillos por te/é fono.

 

 

 

 

 

O complemento directo

E' aquel elemento do predicado que expresa a persoa, animal ou cousa na que ten cumprimento a acción expresada polo verbo.

Nun exemplo como

O so/ dá ca/or,

C. dir.

vemos que na palabra subliñada é onde recae directamente a acción ex presada polo verbo.

O complemento directo vai normalmente posposto ó nucleo do predicado.

O caba/o bebe auga

El escribe nove/as

Entre o complemento directo e o núcleo do predicado non aparece ningún elemento de relación, nin preposicións (fóra casos concretos), nin tampouco concordancia

Leva un pan

Leva uns pans.

Cando a función de complemento directo está desempeñada por nomes de seres animados ou cousas personificadas, estes nomes van ás veces introducidos pola preposicion a:

O can persegue ó (a + o) coe//o.

Os indios adoran ó (a + o) sol.

A presencia da preposición non parece ter outra función que a de indicar que o elemento introducido non é suxeito.

No mesmo senso apunta a falla de concordancia entre verbo e complemento directo.

 

 

Criterios para a identificación do complemento directo

Como rematamos de ver, non existen superficialmente rasgos que indiquen a función de complemento directo.

Para identificación do complemento directo podemos usa-los seguintes procedementos prácticos.

a) Transforma-la oración en pasiva:

O can persegue ó coe//o = O coello é perseguido po/o can.

O elemento que funciona como complemento directo na oración activa pasará a funcionar como suxeito na pasiva. Neste exemplo o S.N. o coe//o funciona como complemento directo.

Mais este procedemento ten unha chata; non é válido en tódolos casos, pois hai oracións que refugan a pasivización:

*Teño unha eiva nun pe = Unha eiva nun pe é tida por mim.

b) Elimina-lo elemento que desconfiamos funciona como complemento directo. No caso de que realmente o sexa, deixaría un residuo pronominal: o, a, os, as, /a, /os, /as, no, na, nos, nas.

Quixo un caramelo = Quíxoo.

Fagamos un trato = Fagámo/o.

Amou á muller = Amouna.

Caso de que os sintagmas un carambe/o, un trato á muller, non funcionasen como complemento directo, non deixarían ó seren eliminados, ningún residuo pronominal que indicase a súa función:

 

 

 

o complemento indirecto

Indica a persoa, animal ou cousa que recibe o beneficio ou perxuício da acción expresada polo verbo.

Xeralmente o complemento indirecto vai introducido pola preposición a, e ás veces por para:

Ó neno subíuse//e o sangue ás fazu/as.

Deixaron un recado para vostede.

Con tou a nova ós seus amigos.

Tamén ha un procedemento práctico para a identificación do complemento indirecto. A elisión do elemento que desempeñe esta función deixa un residuo pronominal: lle, lles, vos.

Subiuselle o san gue (ó neno).

Deixáronlle un recado (para vostede).

Contóulle-/a nova (ós seus amigos).

Tráiovos un recado (para ti e máis para a túa irmá).