OS SÉCULOS ESCUROS

 

A partir do século XV a literatura galega era case só oral. Case non hai literatura en galego nesta época, que chega ata o XVIII, e que recibe o nome de SécuIos Escuros.

A finais do século XV oríxínase un conflicto sucesorio coa morte do rei Henrique de Castela.

Coa victoria de Isabel a Católica vaise contra os nobres que apoiaran o partido contrario, ó tempo que comeza o establecemento en Galicia das institucións centralistas.

Cando Galicia comeza a súa integración no Estado español, que o propio cronista de Fernando o Católico calificou de «doma e castración de Galicia», a literatura galega ensúmese no silencio.

A clase galega que máis se beneficiou da nova situación foi a nobreza eclesiástica, e desde o século XVI comeza un novo grupo social, o dos intermediarios dos arrendarnentos, da baixa nobreza ou por burgueses que co tempo irán adquirindo título nobiliario, e que ha constiruí-la fidalguía. Esta compartirá o poder coa Igrexa cando o progresivo traslado á corte da alta nobreza vaia afastando esta última de Galicia.

Galicia padecerá nos séculos XVI e XVII a guerra de anexión de Portugal na que participan tropas galegas. Durante o século XVII son frecuentes os ataques e saqueos de cidades costeiras galegas polos turcos.

O século XVIII iniciase coa instauración en España da monarquía borbónica, que reforzan os intereses centralistas. Coa chegada dos Borbóns entran tamén as ideas racionalistas espalladas pola Ilustración, que en Galicia estimulan a preocupación por certas cuestións culturais, sobre todo lingúísticas, iniciando o proceso de estudio e dignificación do idioma.