Exames de literatura

 

 

 

 

 

 

 

1º EXAME do Rexurdimento

1.-Expón brevemente o seguinte tema: Manuel Curros Enríquez e as actitudes da súa poesía.

2.- Comentario de texto:

a.- Analiza, partindo da estructura, o contido do poema.

b.- O tema

c.- Sitúa o poema no núcleo temático ó que pertenza, e xustifícao.

 

A Rosalía de Castro

 

Do mar pola orela

mireina pasar,

na frente unha estrela

no bico un cantar.

E vina tan soa

na noite sen fin

¡ que inda recei pola pobre da tola,

eu, que non teño quén rece por min!

A musa dos pobos

que vin pasar eu,

comesta dos lobos,

comesta se veu...

Os ósos son dela

que vades gardar.

¡ Ai dos que levan na frente unha estrela!

¡ Ai dos que levan no bico un cantar!

.

 

 

 

2º EXAME do Rexurdimento

1.- Eduardo Pondal Abente: a poesía cívica. (2 ptos)

2 - Antonoio Noriega Varela: características da súa obra poética. (2ptos)

3.- Comentario de texto: (6 ptos)

a.- Analiza, partindo da estructura, o contido do poema.

b.- O tema

c.- Sitúa o poema no núcleo temático ó que pertenza, e xustifícao.

 

Na chagada a Ourense da primeira locomotora.

Velaí vén, velaí vén avantando

cómaros e corgas e vales e cerros.

¡ Vinde vela, mociños e mozas!

¡ Saudádea, rapaces e vellos!

Por onde ela pasa

fecunda os terreos,

espértanse os homes,

florecen os eidos.

Velaí vén, velaí vén tan houpada,

tan milagrosiña, con paso tan meigo,

que parece unha Nosa Señora,

unha Nosa Señora de ferro.

Tras dela non veñen

abades nin cregos;

mais vén a fartura

¡e a luz! ¡e o progreso!

Catedral, demagogo de pedra,

dun pobo fanático erguida no medio,

repenica esas chocas campanas

en sinal de alegría e contetento.

Asocia esas voces

ao son dos pandeiros,

¡ ás santas sorrisas

de terras e ceos1

E ti, río dos grandes destinos,

que os himnos ensaias dos triunfos ibéricos,

requeimadas as fauces de sede,

vén o monstruo a beber no teu seo.

Bon samaritano,

dálle auga ao sedento;

que a máquina é o Cristo

dos tempos modernos.

 

 

EXAME da Xetación Nós

1.- O gupo Nós.

2.- Temas recorrentetes da narrativa de Otero Pedrayo.

3.- Castelao: Obra narrativa.

4.- Encadra este poema na dirección poética das vangardas galegas a que pertenza:

 

O CARTAFOL DO VENTO

O VENTO perdeu as follas

do seu cartafol

- esas que os chuvascos mecanógrafos

teclean no manual dos mastros.

As gaivotas non teñen quitasol

pero fan raudos equilibrios

polo aramio transparente

de todas as ortodrómicas do ceo

O pailabote sen velas

- serán esas que o vento

levou no seu catafol ?

tamén fai equilibrios no ronsel

Coa boca aberta

- cáelle a baba -

está mirándonos o babión do Sol.

 

 

EXAME de obras

1- Cruza as celas incorrectas do seguinte cadro

 

XÉNERO

AUTOR

A man de Santiña

Teatro

Cabanillas

A romaría de Xelmirez

Narrativa

Otero Pedrayo

A Rosa de cen follas

Poesía

Cabanillas

Bocarribeira

Poesía

Otero Pedrayo

Contos do camiño e a rúa

Relatos

Otero Pedrayo

Da terra asoballada

Poesía

Cabanillas

Os vellos non deben de namorarse

Teatro

Castelao

Devalar

Narrativa

Otero Pedrayo

Do caso que lle aconteceu ao Dr Albeiros

Relato

Vicente Risco

Na noite estrelecida

Poesía

Cabanillas

No desterro

Poesía

Cabanillas

Os dous de sempre

Narrativa

Castelao

O bendito san Amaro

Narrativa

Cabanillas

O bufón de El Rei

Teatro

Vicente Risco

O lobo da xente

Narrativa

Vicente Risco

As cruces de Pedra na Galiza

Ensaio

Castelao

O Mariscal

Teatro

Cabanillas

O mesón dos Ermos

Narrativa

Otero Pedrayo

O porco de pé

Narrativa

Vicente Risco

O señorito da Reboraina

Narrativa

Otero Pedrayo

Os camiños da vida

Narrativa

Otero Pedrayo

Pelerinaxes

Ensaio

Otero Pedrayo

Vento mareiro

Poesía

Cabanillas

Sempre en Galiza

Ensaio

Otero Pedrayo

Cousas

Relatos

Vicente Risco