A Lírica galega medieval
Visita o esquema para comentar cantigas.
![]()
Os cancioneiros profanos
o
galego-portugués nace no noroeste da Península como unha lingua de orixe latina e que evoluciona dun xeito diferente a outras linguas romances peninsulares.Esta lingua acada un período de esplendor literario que comenzará no século
XII e que irá crecendo en importancia ata a metade do século XIV. Este período de esplendor coincide cos reinados de Fernando III e Afonso X de Castela.A partir da segunda metade do século xiv e parella á decadencia política de Galicia, iniciase a decadencia literaria.
No século XIV prodúcese unha guerra civil entre Henrique de Trastámara e Pedro 1. Galicia apoia a este, que é o que perde. Como consecuencia disto entréganse terras galegas a nobres casteláns. Deste xeito iniciase o proceso de castelanización.
Neste periodo seguirase a escribir en galego, pero a nosa literatura irá desvalorizándose, pois a maior parte dos poetas son casteláns que escriben na corte de Castela e que empregan un galego que está cheo de castelanismos. A colección de poemas deste momento histórico coñécese co nome de cancioneiro galego-castelán.
Orixes e importancia da lírica galego-portuguesa
Hai diversas teorías para explica-la orixe da lírica trovadoresca galego-portuguesa. Lírica que pola súa importancia supera os limites xeográficos do que sería Galicia e Portugal e é cultivada non só por poetas galegos e portugueses senón tamén de Castela, León, Cataluña, Provenza...
Pénsase que en Galicia existe unha lírica de tipo popular anterior ó século XII, pero é coa chegada, a finais deste século, da literatura provenzal cando aparecen os primeiros textos escritos cunha tendencia provenzalizante; inmediatamente aparece xa por escrito a poesía autóctona galega, co que podemos dicir que a lírica galego-portuguesa ten dúas orixes unha provenzal ou occitana, e outra enraizada na tradición popular.
Os poetas
Pola orixe social dos creadores da nosa lírica trovadoresca podemos agrupa-los poetas da nosa lírica medieval en varios grupos. Os máis importantes son tres:
·
Os trovadores: que pertencian xeralmente á nobreza. Estes poetas eran compositores e en ocasións intérpretes das súas composicións.·
Os xograres: pertencían ó pobo e ainda que algún chegou a compoñer cantigas, normalmente interpretaban composicións alleas.·
Os segreis: pertencian á baixa nobreza e compoñian e interpretaban as súas propias composicións con fins lucrativos.
![]()
Xéneros e autores
Os xéneros en que podemos agrupa-las cantigas trovadorescas medievais son basicamente tres: cantigas de amigo, cantigas de amor, cantigas de escarnio e maldicir.
As cantigas de amigo
Son de orixe popular galega e reciben este nome porque é esta palabra «amigo» a que se repite ó longo do poema. A cantiga está posta en boca dunha muller, aínda que estea composta por un trovador, que expresa os seus sentimentos amorosos, xeralmente a ausencia do amigo, dirixidos á nai, ás irmás, ás amigas, ou a seres inanimados ou irracionais.
Os recursos máis característicos das cantigas de amigo son:
·
O paralelismo: consiste en repetir nunha estrofa cunha pequena variante, os versos da anterior. Fixémonos no seguinte exemplo.
Ai, cervas do monte, vinvos preguntar:
foise o meu amigo e, se alá tardar, ¿que farei, belidas?
Ai, cervas do monte, vinvolo dicer:
foise o meu amigo, e querría saber ¿que farei, belidas?
PERO MEOGO
Veremos que os primeiros versos das dúas estrofas por un lado e os segundos por outro repitense con algunha variante.
·
O refrán: é a repetición dun ou máis versos ó final da estrofa sen axeitarse á medida dos demais versos e, ás veces tampouco á rima.Fíxate no exemplo anterior.
·
O leixa-prén: consiste este artificio en retomar como primeiros versos de dúas estrofas os dous últimos do par anterior.
¡Que coita tamaña hei a sofrer,
por amar amigo e non o veer!, e pousarei so lo avelanal.
¡Que coita tamaña he [a] endurar, por amar amigo e non iii falar!,
e pousarei so lo avelanal. Por amar amigo e non o veer,
nen ile ousar a coita que he dicer, e pousarei so lo avelanal.
Por amar amigo e non iii falar,
nen líe ousar a coita que hei mostrar, e pousarei so lo avelanal.
NUNO FERNANDES TORNEOL
Fixate como os primeiros versos de terceira e cuarta estrofas son os segundos da primera e segunda respectivamente.
Visita a nosa escolleita
![]()
As cantigas de amor
Se as cantigas de amigo son de orixe popular, está claro que as de amor imitan a o provenzal que chega a Galicia, ademais de por outros vieiros, traída polos romeiros que da occitania francesa veñen a Santiago.
Na cantiga de amor o trovador transmitelle os sentimentos amorosos á súa amada que aparece oculta baixo un seudónimo.
Aínda que as cantigas de amor galego-portuguesas son de orixe provenzal, como ben queda dito, non as imita fielmente nin na forma nin no contido.
En canto ó contido, as galego-portuguesas distinguense das provenzais pola súa maior sinceridade.
Polo que se refire á forma, certamente as chamadas de mestría achéganse máis á Arte de Trovar provenzal ainda que con variantes. Pero as cantigas de refrán que son as máis frecuentes no noso cancioneiro incorporan artificios propios das cantigas de amigo coma o paralelismo e o refrán.
![]()
As cantigas de escarnio e maldicir
Estas cantigas teñen a súa orixe nun xénero provenzal chamado sirventés. Non obstante, pénsase que na nosa literatura popular xa existía un xénero de tipo satírico semellante ó occitano.
Nestas cantigas ridiculizanse persoas e costumes da época. Distínguense as de escarnio das de maldicir en que as primeiras enpregan unha linguaxe máis sutil e encuberta cás segundas nas que aparecen as cousas chamadas directamente polo su nome.
As cantigas de escarnio e maldicir teñen, á parte dun indubidable valor literario, gran interés social, histórico e lingu~istico.
![]()
Autores
Coñécense os nomes de máis de 160 troveiros dos que citarémo-los se-
guintes:·
Bernal de Bonaval. É un dos máis antigos xograres ou trovadores coñecidos. Viviu entre finais do século XII e principios do XIII e era natural de Compostela. E un poeta de inspiración popular. Cultivou, sobre todo, as cantigas de amigo e amor e ten tamén unha tenzón. Viviu na corte de Fernando III e Afonso X.·
Airas Nunes. É de finais do século xii. Foi un crego de Compostela que cultivou tódolos xéneros. Traballou na corte literaria de Afonso X.·
Pedro da Ponte. Viviu na corte de Fernando III e Afonso X. Cultivou tódolos xéneros.·
Don Dinis. Rei de Portugal. Foi un dos máis fecundos poetas da lírica galego-portuguesa. Ten un perfecto dominio dos recursos e a súa obra ten gran valor literario.·
Mendiño. Da vida deste xograr pouco se sabe. Probablemente naceu nalgún punto da ría de Vigo e só se conserva del unha cantiga, a da ermida de San Simón que é considerada coma unha das máis fermosas cantigas da lírica medieval.·
Martín Codax. Probablemente de Vigo. Consérvanse del sete cantigas de amigo. De seis delas témo-la música.
![]()