O rexurdimento literario

 

 

 

 

 

Rosalía de Castro

 

Obra

Ainda que Rosalía ten obras escritas en castelán, aquí ocuparémonos só da súa obra en galego.

Cantares Gallegos, apareceu en Vigo na primavera de 1863 e marcou o fito inicial do Rexurdimento. A partir deste momento e gracias ó éxito alcanzado con el, escritores e editores animaranse a escribir en galego.

Cantares gallegos é un libro composto por unha serie de poemas independentes, e que están todos vencellados por un personaxe: unha rapaza que aparece no limiar e no epilogo da obra, e a quen se líe pide que cante na súa ungua, dando conta ela mesma ó final do que fixo.

Rosalía glosa coplas populares do país, que aparecen ó comenzo ou ó final da composición e ás veces rematan as estrofas.

Os temas que aparecen neles son: o problema da emigración e as súas consecuencias para a muller galega; a fermosura da nosa terra e o poético dos seus costumes; o abandono en que España ten sumida a Galicia; preséntanos tamén tipos cheos de humor e malicia.

No ano 1880 aparece Follas novas, obra cume da autora, que con Aires da miña terra de Curros Enríquez marcará o Rexurdimento pleno. Nela, deixa Rosalía os motivos foldóricos o costumistas para afondar na súa propia alma e expresa-los seus máis fondos sentimentos de dor ou infelicidade. Rosalía trata neste libro problemas de tipo filosófico.

A lingua destas dúas obras está nun galego dialectal, baseado principalmente na lingua da súa zona.

 

Poema

 

Unha vez tiven un cravo cravado no corazón,

e eu non me acordo xa se era aquel cravo ~de ouro, de ferro ou de amor.

Soio sei que me fixo un mal tan fondo, que tanto me atormentou,

que eu día e noite sen cesar choraba

cal chorou Madalena na pasión.

--Señor, que todo o podedes

pedinile unha vez a Dios ~,

½ da ime * valor pra ** arrincar dun golpe cravo de tal condición.

E deumo Dios e arrinquemo, mais... ¿quen pensara...? Despois xa non sentín máis tormentos

nin soubqeji~ qué era dolor; __ uben só non sei qué me faltaba

en donde * o cravo faitou, -e seica, seica tiven soidades

daquela pena... ¡Bon Dios! Este barro mortal que envoive o espirito

¡quen o entenderá, Señor... !pn~AI A fl~ r

intelectualidade galega: Aurelio Aguirre, Rodríguez Seoane, Murguia, ... E deste tempo tamén a súa participación no Banquete de Conxo para o que Pondal compuxo un Brindis.

Logo de rematada a carreira de Medicina, exerceraa durante un breve periodo de tempo en Ferrol e despois, como médico militar, na fábrica de armas de Trubia. Aquí estará pouco tempo e volverá, deixando esta profesión, a sua terra natal para dedicarse á poesía, residindo en Laxe, Santiago, A Coruña e Ponteceso.

Pondal participaba das ideas rexionalistas e foi membro da «Cova Céltica», que era unha tertulia na que se xuntaban un grupo de intelectuais que participaban dun común amor a Galicia e á súa fala e da crenza na orixe celta do pobo galego. Era considerado e chamado o bardo deste grupo.

Morre na Coruña ó 8 de marzo de 1917.

 

 

 

 

 Eduardo Pondal

 

Obra

Non se pode dicir que a obra de Pondal sexa abundante. A súa obra en galego está composta polo poema A campana de Anllóns que é a primeira creación na nosa lingua do autor, coa que participaría nos Xogos Florais da Coruña e que posteriormente será publicado no Album de la Caridad.

En 1877 publicou unha colección bilingúe de 21 poemas co titulo de Rumores de los pinos que será a base do principal libro de Pondal: Oueixumes dos pinos, escrito totalmente en galego. Só aparecen nel dous poemas en bilingñe.

Con este libro de poemas, Oueixumes dos pinos, Pondal convértese no bardo, poeta elixido e conductor do seu pobo e incomprendido polo mesmo, que cantará as glorias pretéritas da súa nobre nación celta, á que no porvir líe agardan tempos de esplendor e grandeza.

Pero ademais desta poesía de carácter cívico na que o poeta tenta aguilba

-lo orgullo nacional do pobo galego coa resurrección de antiguos heroes lexendarios creados case na totalidade por el mesmo, agás Breogán, e dos que inventa os nomes, o noso escritor mostra unha poesía de carácter lírico na que aparece a paisaxe e a muller.

A paisaxe aparece na poesía pondaliana non coma un lugar onde se en-marca unha acción, senón coma protagonista da mesma. E unha paisaxe rexa con grandes bosques de piñeiros, carballos, toxos... onde vive unha rica fauna composta por corvos, raposos... Tamén nos presenta o mar tempestuoso que bate fero contra os acantilados. Toda esta paisaxe está localizada en Berganti ños.

A muller aparece ás veces, coma un ser idealizado, case anxélico, propio da concepción romántica, e outras veces, contrariamente, coma unha presa do home.

A outra creación literaria de Pondal é Os Eoas, poema épico inconcluso no que o poeta traballou toda a súa vida e que a pesar diso non chegou a publicar. Pretendía canta-lo descubrimento de América a imitación de Os Lusiadas de Camoens.

A poesía de Pondal é moi elaborada. O escritor pretende dignifica-la lingua fuxindo dos vulgarismos e empregando abundantes cultismos latiños e sobre todo gregos procurando na selección os que teñen máis sonoridade.

En canto ó estilo temos que salienta-lo emprego abundante de epítetos que ás veces sustitúe polos nomes: os rumorosos, as vagamundas, o bardo...; e pouco frecuente atopar na súa poesía diminutivos, tan propios da poesía popular; aparecen repetidamente as oracións afirmativas, fuxindo das interrogativas e dubitativas; utiliza moi a miúdo o símil; tamén aparece con frecuencia o paralelismo que xa atopamos, como é sabido, na lírica galego-portuguesa.

O ano 1877 marca un fito importante na producción literaria do escritor,

só esporadicamente cultivara o galego. Neste ano acode a un certame liter~ patrocinado en Ourense por Modesto Fernández e González que premiarÉ poeta que presente os tres mellores poemas sobre un costume, un tipo e u~ tradición galegos. Curros obterá o premio coas composicións A Virxe do Cns~ Unha boda en Emíbó e O Gaiteiro. Este feito motivará que o poeta continú¿ súa obra en galego.

No ano 1880, e xa en Ourense, onde exercía interinamente como funcio rio, publicará Aires da Miña Terra que provocará que o bispo de Ourense en' un oficio ó Gobernador Civil para que tome as medidas pertinentes, por con derar que ridiculiza nalgúns poemas dogmas da relixión católica.

Curros volve a Madrid onde continúa o seu labor periodístico e en 1894 emgra a Cuba onde colabora coa prensa e traballa pola constitución da Academ Galega.

Morreu na Habana o 7 de febreiro de 1908 e os seus restos foron trans dados a Galicia.

A vida de Curros transcorre entre continuos sensabores: problemas fa~ liares, profesionais, cos amigos; motivados todos eles polo seu carácter ide lista e a súa defensa a todo o trance da liberdade.

 

 

 

 

 

 

 Curros Enríquez

Obra

A obra do escritor está condensada en dous libros de versos: Aires de Miñ Terra e O divino sainete.

Aires da Miña Terra publicase na súa primeira edición o ano 1880 e xunt¿:

nela ademais dos poemas premiados no certame de Ourense: A Virxe do Cris tal, Unha boda en Emibá e O Gaiteiro, case tódolos poemas galegos publicado~ en periódicos e once poesías máis inéditas.

A temática da poesía de Curros é variada, aínda que o escritor se mostra un poeta social comprometido co seu pobo e é por iso polo que os máis dos seu~ poemas están dedicados á denuncia dos males que asolan a seu pobo: a igno. rancia, a superstición e a miseria que veñen motivados pola pervivencia do~ foros, as quintas, contribucións... Móstrase especialmente sensible en contra dc clero que é, segundo el, o responsable daqueles males. Algúns dos poemas en que inclúe esta temática de tipo social son Nocturnio, Os mozos, A igrexa fría, Mirando o chan...

A pesar de que a temática de Curros é sobre todo de carácter cívico, tamén ten poemas costumistas que seguen a liña da poesía deste tipo de Rosalía. Son costumistas as dúas poesías que presentou xunto coa Virxe do Cristal: Unh~ boda en Emibó e O Gaiteiro.

Non é abundante a poesía lírica na obra de Curros, pero en ocasións o poeta móstrano-la súa alma coma no poema Ben chegado no que celebra o nacemento do seu primeiro filIo; Na morte da miña nai no que expresa unha fonda emoción por tal suceso; en Tempo deserto, Soa e A Rosalía aparece o sentimento da soidade que aflixe ó poeta.

A Virxe do Cristal é un longo poema narrativo no que o poeta nos relata un milagre atribuido á Virxe que intervén para defende-la honra dunha moza calumniada. Os feitos están enmarcados en Vilanova, aldea da nai de Curros, por quen seguramente o poeta coñecería a tradición.

En 1888 o noso poeta publicará na Coruña o seu segundo e último libro en galego: O divino sainete, obra na que parodia a Divina Comedia de Dante e na que se mostra aínda máis acérrimo anticlerical ca na primeira.

A obra de Curros, a semellanza da de Rosalía, está expresada nun galego dialectal, o propio da comarca de Celanova. Non obstante, sorpréndenos pola gran riqueza de vocabulario e de xiros galegos, e ademais pola enxebreza da súa sintaxe.