Literatura do S.XX
1. AS VANGARDAS.
MANUEL ANTONIO, LUIS AMADO CARBALLO, RAFAEL DIESTE.
2. POSTGUERRA
EDUARDO BLANCO AMOR, FERMÍN BOUZA BREY, ÁNXEL FOLE SÁNCHEZ, AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO, ÁLVARO CUNQUEIRO, CELSO EMILIO FERREIRO, XOSÉ LUIS MÉNDEZ FERRÍN.
3. AUTORES DE HOXE
![]()
As Vangardas.
As vangardas manifestanse na literatura seguintes á xereción Nós.Así nace, unha nova xeración de autores que levou a cabo a renovación da poesía galega. Estes autores serán denominados xeración do vintecinco.
O espírito nacionalista e a descuberta dos cancineiros medievais, herdados da xeración precedente, contribuíron a facer unhas vangardas galegas orixinais.
As Vangardas teñen estes caracteres.
-Aparecen en 1925.
- Son fundalmentalmente poetas, e narradores.
-Son autores nacidos entre 1885 e 1911.
-Considerámolos fillos da anterior xeración.
As obras, propiamente ditas, desta xeración son:
- O Seminario de Estudos Galegos.
- A revista Ronsel.
- O partido Galeguista.
O Seminario de Estudos Galegos.
Este Semeinario, foi fundado por un conxunto de estudiantes o 12 de Icutubro de 1923, na Casa do Castro de Ortoño.
Os homes que poñen en pe a institución son: Fermín Bouza Brey, Wenceslao Requejo Buet, Xosé Pena Pena, Xosé Filgueira Valverde, Luis Tobío Fernandez,Ramón Martínez López, Manuen Magariños Negueira, Francisco R omero Lema e Alberto Vidán Freiría. o feito de que todos eles foran estudiantes das Facultades de Dereito e Filosofía e Letras, marca a etapa inicial do Seminario, que baixo a presidencia do catedrático, Armando Cotarelo Valledor, orienta case todo o seu traballo, en torno das ciencias filolóxicas e históricas. Despois dos presindentes terceiro e cuarto, os últimos, en 1936, esta institución disólvese, deixando tras de si unha labor moi grande en todos-los campos do estudio científico e na difusión e o coñecemento de Galicia.
A revista Ronsel.
Baixo a dirección do escritor, Evaristo Correa Calderón, e do debuxante älvaro Cebreiro, aparece en Maio de 1924, en Lugo esta revista. Tivo unha corta existencia como moitas outras, pero esta xoga un papel crucial relacionandoa coas vangardas. Os que colaboran na revista Ronsel, eran xa participantes das xeraciónas anteriores, e tamén participaban autores novos coma Manuel Antonio.
O Partido Galeguista.
Nace en 1931, coma consecuencia da fusión de tódolos grupos galeguistas de entón. Foi impulsado por Bóveda e os seus animadores eran moitas xentes da xeración Nós. Fai unha política posibilista e realista.
Manuel Antonio.
Manuel Antonio Pérez Sánchez, naceu en Rianxo (A CORUÑA) en 1900. Cursou o bacherelato en Santiago de Compostelae iniciou os estudios de filosofía e letras, que abandonou para estudiar Náutica en Vigo. Desde moi novo entra en contacto cos vangardas europeas. En 1928 publicou o libro de poemas De catro a catro, único libro publicado en vida do poeta. En 1972 apareceu Poesías, que contén toda a súa obra lírica.
A parte disto traballou en bocetos e esquemas de ensaios e traduccións literarias.
Aínda que politicamente era nacionalista, Manuel Antonio, rompe coa tradición literaria galega. Busca súas fontes poéticas no extranxeiro.Rexeita o sentimentalismo e basa a súa poética na imaxen.
En De catro a catro podemos ver unha unidade temática entre os dezanove poemas do libro; esta unidade ven dada polo mar. Este mar, sobre todo nocturno, mézclase con imaxes astronómicas; nesta combinación de elementos, que se atopan a gran distancia uns doutros, básease a imaxe creacionista.
Con anacos do meu interior e Foulas, son dous libros anteriores a De catro a catro, e aínda presentan a tendencia a conservar a rima en moitos casos. Posteriores son Sempre e máis despois, con poemas ben traballados e rima final, e Viladomar, que consta de seis poemas.
O tema do mar é primordial sobre todo en De catro a catro. A perspectiva de Manuel Antonio é diferente a dos cantores medievales do mar, pois para estes o mar era un fondo sentimental; polo contrario para Manuel Antonio era un motivo esencial. É un mar verdadeiro, "visto dende dentro", revelado por un home que, a parte de poeta era mariñeiro.
En 1922, xunto con Álvaro Cebreiro, o manifesto titulado Máis alá! Dirixido á xuventude galega intelectual.
Manuel Antonio é o primeiro poeta contemporáneo en galego que foi dominado, máis, pola tendencia universalista que pola localista; na técnica e na tónica da súa obra. A lingua que utiliza está marcada polo desexo diferencialista do castelán, e ten influencias da sua zona narrativa.
Algunhas das súas obras: De catro a catro. Foulas.
Fomos ficando sós
o Mar e o barco e máis nós.
Roubárono-lo Sol.
O paquebote esmaltado
que cosía con liñas de fume
áxiles cadros sin marco.
Roubáronno-lo vento.
Aquel veleiro que se evadiu
pola corda floxa do horizonte.
Este océano desatracou das costas
e o ventos da Roseta
orientáronse ó esquenzo.
As nosas soidades
veñen de tan lonxe
como as horas do reloxio.
Pero tamén sabémo-la maniobra
dos navíos que fondean
a sotavento dunha singladura.
No cadrante estantío das estrelas
ficou parada esta hora:
O cadáver do mar
fixo do barco un cadaleito.
Fume de pipa. Saudade.
Noite. Silencio. Frio.
E ficamos nós sós.
Sen o Mar e sen o barco
nós.
Luis Amado Carballo.
Luis Amado Carballo naceu en Pontevedra en 1901;en 1925, decláraselle unha doenza que en 1927 acabou coa súa vida. Estudiou Filosofía e Letras, dedicouse o periodismo e foi mestre de escola. Os arredores de Pontevedra, e a paisaxe mariñeira están moi presentes na súa obra. A súa obra pódese situarno clima creado pola revista Ronsel, sen olvidar a tradición de Nós.
En prosa narrativa publicou Maliaxe e a noveliña Os probes de Deus. Na segunda preséntanos a vida nun asilo de anciáns cunha mestura de idealismo e realismo, de piedade e de retórica, con trazos himotísticos e tamén, podemos observar o influxo de Valle-Inclán. Como poeta só publicou unha obra en vida, Proel (1927); pois O Galo (1928) e póstumo.
Manuel Antonio e Amado Carballo, son os inniciadores dunha nova liña na poesía galega. Os dous están influidos pola nova poesía latinoamericana e europea, e sobre todo polas vangardas. A poesía de Amado Carballo céntrase na temática paisaxística, predominando o campo sobre a mariña. Poderíamos dicir que a súa obra é unha busca da homanización da paisaxe. Amado Carballo "constrúe" uns poemas máis complexos cós de Manuel Antonio. É conservador respecto a métrica dos seus poemas, bastante regular e de formas sencillas; non renuncia xamáis ó ritmo. O que máis destaca da súa obra poética é o gusto pola metáfora, posto "de moda" polo movemento ultraísta.
Amado Carballo exerceu unha gran influencia na lírica galega contemporánea. Podémo-lo considerar o xefe dunha escola de autores que leron easimilaron Proel, aínda que moitos teñan caraterísticas personais e sigan outros camiños; estre os escritores incluimos a: Blanco Amor, Aquilino Iglesia Alvariño (.......)
Algunhas das súas obras: Proel. (Poesía.)
Acorado e roibo
durmíase o día
coa testa deitada
no colo da ría.
As campás beatas
no ceo bulían
rezando rosarios
á Virxe María.
Bogando nas nubes
cara ó ceo ían
envoltas nos ouros
do sol que morría.
Polo mar, as velas
eran folerpiñas,
que da lúa aberta nas augas caíran. (....)
O Galo. (Poesía)
"Ábrelle as portas ao día
coa chave do teu cantar
que xa na fonte da Lúa
está lavada a mañán.
Bótalle o teu aturuxo
á paisaxe dende o val
que o gran balbo das estrelas
cairá serodio no mar.
O campo cheo de frío
busca un anaco de sol,
alcéndelle unha fogueira
co lume da túa voz."
Maliaxe. (Narrativa)
" Florinda Capelo era unha das mozas máis feias de Brandove. En festas e rueiros, ficaba sempre arredada, polo esquecemento fontoso dos mozos casadeiros, máis arelantes de fermosura e ledicia que de aturar o seu xesto magoado e conxumelo. (....)"
Os probes de Deus. (Narrativa)
"... Aos poucos, a chuvia foi amainando. Ficaba unha mañá grís, chea de friaxe, e o vento mareiro da Carnota Facía tremar asárbores molladas,
con supetos calofríos fugaces. (....)"
Rafael Dieste.
Rafael Dieste Gonçalvez naceu en Rianxo en 1899. Emigrou a México, cando contaba con 16 anos, pero axiña regresou a Rianxo. Viaxou por Europa e Améria. Viviu varios anos en Buenos Aires e foi lector de español na Universidade de Cambidge. Morreu en Rianxo o 16 de octobro de 1981. A parte dalgún poema a súa obra en lingua galega e narrativa e teatral.
Na preguerra escribe case exclusivamente en galego, mentres que a súa obra posterior e bilingüe. Os libros máis importantes son Dos arquivos do trasno, a primeira edición (1926) constaba de oito contos; a segunda (1962)recolle vinte relatos, e A fiestra valdeira, "comedia de remate ledo en tres lances, o derradeiro cun respiro" (1927). En 1970, publica o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega, A vontade de estilo na fala popular.
Dos arquivis do trasno, iníciase cun pequeno prólogo no que o seu autor, espon o que significa para él o conto; este remata coa imaxen que fai estalar o conto nas derradeiras palabras. Dieste usa a técnica de afastamento dos personaxes que él mesmo crea. Pouco a pouco vai añadindo unha matización imaxinativa e algo de emotividade. Os temas destes contos son de carácter popular e a eles añádenselle aspectos intelectuales, e un aire misterioso e extraordinario que sempre ten unha explicación natural. Nestes relatos, Dieste ten unha similitude con outro autor galego, nacido en Rianxo, Daniel Alfonso Rodríguez Castelao. Os caracteres que atopamos iguais nos dous escritores son, o humor, o ambiente temático´o lirismo e a preocupaciónpolo remate do conto; pero Dieste e máis frío que Castelao, que é máis sentimental, e usa unha perspectiva máis distanciadora.
A obra testral A fiestra valeira, é unha comedia de tres lances con final feliz. O asunto móvese ó redor dun retrato no que aparece o vello marñeiro frente a unha ventá que da ó mar. Este vello é un novo rico que se atopa ante o problema de acepta-lo seu pasado de mariñeiro, aceptación que se representa no último lance. Nesta fábula mariñeira reflíctese a alma da xente que loita constantemente co mar. Destaca a autenticidade, dos valores do pobo mariñeiro; e o remate da peza, o vello home de mar, agora rico, entrégase de cheo o se pasado que rexurde.
No teatro Dieste fai unha versión intelectual dun tema popular, como tantas veces fixo cos seus contos. A lingua que empregan os personaxes, nesta obra, é a fala popular que se emprega en Rianxo; pero non inclúe nin a gheada nin o seseo (por exemplo), e incluso no léxico vemos intesntos de normativización.
Algunhas das súas obras:
Dos arquivos do trasno. (Narrativa)
Eran de alá da montaña.... Dunha desas aldeas de nome bravo e silvestre que repousan perdidas entre calados e cumios. ¡Longa viaxe fixeran -no rexo carro de bois, que rinchaba, xemía e daba tombos polos agres camiños montesíos- para lle dar cumprimento ó antollo do vello!
Antre a Terra e o Ceo. (Narrativa.)
Ven agora eisaminalo.
¿Por qué nonderon rendemento aquil ano as leiras do labrego audacioso? Porque a súa terra non lle facía falla tanto calcio coma il presumío e porque abusou das cunchas. Pero aquil caso mal eisaminado abondou aos demais labregos para recearen da química como de cousa que está moi ben e da moito honor a quen a sabe, mentras non sai dos libros. (....)
A fiestra valdeira. (Primeiro lance). (Teatro.)
Don Miguel.
¿Que andará aínda a cachea-lo pintor? ¿Non che parez que xa estou aí? Dende o premeiro intre, naquel seu calar, surrir e escismar, xa vin que me atinaba coa fasquía. E agora case que non pinta, se non é cos ollos e co pesamento. Xa nin siquera mira cara min, non sendo así, de súpito....
O señor Baldomero.
Deixalos. Iles saben....
Don Miguel.
Si, cando saben, saben... ¡Son o demo!
O señor Baldomero.
¿O demo, dis? O demo non che pinta. Sóplache e nin te ves no espello.
Don Miguel.
Ou veste cunha cara nunca vista, que ti nin coñeces.
O señor Baldomero.
¡Nin ela a ti tampouco! (......)
![]()
POSTGUERRA
Eduardo Blanco Amor.
Eduardo Blanco Amor naceu en Ourense en 1897. Emigrou a A Arxentina en 1919 e viviu moitos anos en América. Morreu en Vigo, o 2 de nadal de 1979. Escribiu poesía, novela, contos, teatro, ensaios, e dedicouse tamén ó periodismo.
En Arxentina, desenrrola unha gran actividade cultural de carácter galeguista; funda e dirixe revistas da comunidade galega en Buenos Aires; ó mesmo tempo, relaciónase co ambiente literario arxentino. Como corresponsal deste pa´s volta a España de 1929 a1931 e de 1933 a 1935. Entra en contacto cós poetas da xeración do 27, entre os que se atopa Federico Garcia Lorca(apartado:Outros autores). Xa na Arxentina, defende, na prensa, a posición e a causa republicanas na guerra civil española. O rematar esta, colabora cos exiliados en diversas actividades de oposición antifascista, funda tamén o Teatro Popular Galego de Buenos Aires.
Blanco Amor, como poeta, aparte doutros libros en castelán, ten tres en galego: Romances galegos (1928), Poema en catro tempos (1931), Cancioneiro (1956). No primeiro de eles, a maioría dos poemas están dedicados a Amado Carballo, a estética é modernista. En Poema en catro tempos, constrúe unha sinfonía do mar que remata en marcha fúnebre. Cancioneiro segue a liña dos seus antecesores, aínda que conta con algunha innovación. Poderíamos dicir que a poesía de Blanco Amor atópase dentro do modernismo galego.
Na posgurrra comeza a súa producción narrrativa. As primeiras novelas escribeas en castelán, pero xa ambientadas no Ourense da súa infancia, como toda a súa obra narrativa galega.
En 1959,en Buenos Aires, publica A esmorga, que supón undos acontecementos máis importantes da literatura galega do século. Os personaxes principais desta obra son, Cibran o Castizo, o xuíz, o Bocas e o Milhomes. A narración da Esmorga está posta en boca dun picapedreiro de Ourense, o Castizo, que conta ó xuíz o que aconteceu nuhna noite de choiva nos baixos fondos da cidade. Esta narración remata coa detención deste, pola Guardia Civil acusándoo da moret do Bocas e do Milhomes. A continua presencia da chuvia convértese nun motivo recurrente da novela. O último capítulo deixa ó lector coa dúbida de se Cibrán morreu vítima das torturas o si se suicidou.
En 1962 publica a colección de contos Os biosbardos en Galicia; Subtitulado "Contos pra xente", consta de sete contos, todos eles relatados en primeira persoa, e por un narrador in fantil, que é diferente en cada un dos contos. Algúns contos caracterízanse polo factor romantico, outros polo surrealismo e noutros podemos ver un aire fantástico. Na "xustificación" dos contos, o autor afirma que estes naceron dos recordos que ten da súa infancia en Auri (Ourense). En canto a lingua se refire, Blanco Amor domina a linguaxe e respeta certas noremas.
A novela Xente ao lonxe, está narrada por un neno, Suso. Os seus monólogos, son ás veces interrumpidos por diálogos ou cartas, nas que son outras persoas os relatores. O neno vai crecendo ata chegar a mozo, e é pertencente a unha familia artesá. Oambiente da cidade de Ourense que se describe, presenta esceas de dureza e de miseria, co que a obra consegue un aspeto real e natural; estes escenarios, altérnanse con soños e fantasías do que o neno-mozo é partícipe.
A intención da novela é, a de que sexa unha obra realista coa que o lector se identifique; que o lector viva a novela e por suposto que logre aprender algo dela; que o´pecha-lo libro esté satisfeito de leela.
No campo do teatro, Eduardo Blanco Amor publicou, Farsas para títeres (1973)e Teatro pra xente (1975).
Algunhas das súas obras:
A Esmorga.
-Si señor, si; os mesmos. O Juan Fariña e o EladioVilarchao, que están eí nos papeis, son o Bocas e o Milhomes polos alcumes, que é como aquí nos coñecemos todos e que non ofenden a ninguén, porque Xan e Aladio poden ser calisquera , pero o Bocas e o Milhomes só poden se-los que son, do mesmo xeito que eu son Cipriano Canedo e me chama Cibrán ou o Castizo; como vostede guste, pois o meu pai tiña un castizo para servire porcas con licencia.... Anque tamén me chaman o Tiñica e o Puchapodre porque de rapaz tiven a tiña, que me durou astra mozo, e andaba coa gorra moi apegada......
Os Biosbardos.
(.......) Un día fun e díxenlle a Pepe o Roxo (que era fillo do señor Pepe o Roxo, que tiña banquilla de zapateiro na Fonte Nova) que por qué non me levaba a unha arrasadeira. No xeito con que me considerou, fitándome de enriba a abaixo, decateime de que, anque me quería ben, no me vía moi cabal para o asunto.
Poema en catro tempos.
Fermín Bouza Brey.
Naceu o 31 de Marzo de 1901 en Ponteareas e, tras pasa-la súa infancia en Vilagarcía de Arousa, trasladouse a Santiago, onde realizou estudios de Dereito e Filosofía e Letras, dos que se doctorou en Madrid. Exerceu un gran labor no Seminario de Estudos Galegos e no Instituto Padre Sarmiento, Institución onde dirixiu a Sección de Arqueoloxía e Prehistoria. Ingresa na carreira xudicial e exerceu como maxistrado en Santiago, Lérida, Pontevedra e oviedo. Morreu en Santiago, o 11 de Xuño de 1973 deixando unha obra copiosa, repartidaentre a a arqueoloxía, a arte, a etnografía, a prehistoria, a historia da cultura e a literatura.
Bouza Brey é esencialmente poeta. A súa obra de narrador, limítase a unha breve narración, Cabalgadas en Salnés (1925) obra adicada a xuventude, subtitulada "lembranzas dun fidalgo". Trátase dunha novela de aventuras inmatura, onde a anécdota está moitas veces obrigada,´o que pode orixinar unha certa confusión ó lector. A lingua utilizada anuncia, xa, o que logo será norma na poesía de Bouza Brey: o dominio da palabra e da expresión.
Como poeta, cabe dicir que é un artesan da poesía, pois esta, está moi traballada e é moi perfeccionada polo seu autor. En poesía publica publica, en 1933 Nao Senlleira, obra composta por por unha serie de vinte poemas que, na súa maior parte, apareceran xa na revista Nós dende 1922. É esta obra sen duda a súa mellor aportación, de conxunto, á literatura galega, se ben poemas como "Regueifa" ou "Cantiga cívica" están excesivamente mediatizados polas circunstancias e son como elementos "marxinados", por diferentes circunstancias, do resto da obra.
Despois da guerra, exatamente en 1955, aparece en Portugal o seu segundo libro de poemas, Seitura. Nesta obra invirtense, polo número de poemas e circunstancias que aparecen, a orientación poética marcada na súa primeira obra, que sen embargo, mantense nalgunhas composicións.
Bouza Brey é considerado o iniciador do movemento poético conocido coma "escola trovadoresca". Este, ralmente, é él o que incorpora, continuada, organizada e sistemáticamente, os recurso que ofrecía a poesía medieval dos cancioneiros galaicoportugueses. Agora ben, estes recursos son incorporaddos por él nunha dobre dirección. Por un lado Bouza Brey colle, das cantigas de amigo o paralelismo, o leixaprém e o refrán, e polo outro inserta na súa obra,os arcaísmos léxicos collidos desta lírica medieval, que enriquecen a súa coidada e traballada linguaxe.
Como xa dixen antes, Bouza Brey é un artesán da poesía; isto esplica que o primeiro que chama a atención, a todos os lectores da obra poética de Bouza, é o feito de que tódalas súas composicións están moi traballadas.
O que fai de Bouza Brey un artesano do poema galego, atópase nalgunhas características fundamentales da súa poesía: a busca ad precisión expresiva do ritmo e a selección do vocabulario apropiado que logo incluiría na súa poesía son algúns destes rasgos.
En resumo, Bouza Brey soubo articular coherentemente a percectiva medieval e a moderna; non é un poeta revolucionario, é un poeta que segue na liña evolutiva da poesía galega de seus predecesores, sen saltos no valeiro, continuamente.
Algunhas das súas obras: Nao Senlleira. (Poesía)
"Naquel biduído dos bidos louzanos
o páxaro Sol non pía seus raios,
e morre de amor.
Naquel biduído dos lanzales bidos
o páxaro Sol no criba seus píos
e morre de amor.
Non ceiba seus raios, non tece seus fíos
e albres e mámoas albean de frío
coa poldra que morre no mato cativo. (....)"
Seitura. (Poesía.)
"Espiñouse a belida,
espiñouse a louzana nun espiño arnal
de volvoretas brancas.
Espiñouse a belida,
espiñouse na cara
e chorou unha rosa
na fazula espiñada...
Godallo trouleador
de chocallo de prata,
os choutos bicadores
dime, pra cando os gardas? (....)"
Cabalgadas en Salnés. (Narrativa)
"Ao romatar de lêr a esqueliña-aínda as esporas do arrieiro chinguileaban nas escadas do patín -decateime ben de que aquelas catro verbas, verbas de anguria, berros de dôr, chamada convulsa e frebescente, apreixoaban nova treiduria e novo engano. (....)"
Ánxel Fole
Naceu en Lugo en 1903, e tamén nesta cidade cursou o bacherelato, facendo logo a carreira de Dereito nas Universidades de Valladolid e Santiago. Exerce o ensino privado e milita no Partido Galeguista, no que chega a ser secretario provincial, para abandonalo cando se integra no Frente Popular en 1936.
En 1953 siu o seu primer libro de relatos, que ten por título, Á lus do candil; é unha colección de contos relacionados entre si. O seu argumento, é o seguinte: Catro fidalgos cos seus criados atópanse a carón do lume, nunha vella torre incomunicada poloa neve. Entre eles cóntanse as distintas historias compoñentes do libro, transcritas por un deles. A técnica que Fole emprega nesta obra é similar á técnica "Do conto de contos"; moi empregada nas obras da literatura medieval.
Nas súas obras, Fole céntrase en escenarios galegos, máis concretamente lucenses, pertencentes á Galicia máis inédita e atrasada; custodiada de ancestrais costumes e máxicas cosmovisións, que o autor reflexa na súa escritura cunha gran naturalidade. O medo nocturno, a superstición, o sono premonitorio, o humor galego, en todas estas circunstancias, Fole desenvólvese cunha plena familiaridade.
De 1955, é a súa segunda obra que ten por título, Terra brava, obra na que continuando as caracteríaticas xa mencionadas, podemos percibir ata o remate desta, unha queixa do atraso no que viven os poboadores da comarca de O Inicio e unha denuncia do caciquismo abusivo.
En 1973, publicou Fole, unha nova colección de contos que leva por título, Contos da Néboa, e en 1981, outra co título de Historias que ninguén cre.
Tamén escribiu Ánxel Fole, unha peza teatral. Saída da imprenta en 1973, podemos disfrutar da única peza teatral escrita por Fole, Pauto do demo.
A Lingua que Fole emprega nas súas obras, ´reflexa, ou iso pretende o autor,a realidade do galego popular da zona de Lugo.
Algunhas das súas obras:Contos da néboa. (Narrativa)
"Cando o enterrador lle botou a mao ó rodo, viu que o Bieito saíra da caixa.
-E ti, condenado xastrico, ¿non estabas morto? Tódolos que traen eiquí deben estar mortos de veras.
-Según certificado do facultativo competente -engadiu o fillo. (....)"
Terra Brava. (Narrativa)
"Para que for librando o papo o Cuco, tíveno que convidar moitas veces a beber e darlle tabaco. Unha noite convideino a cear na tasca do Grolo. E despois de cargalo ben cargadiño, de viño do Ribeiro, cafeses e copas, librou o papo de todo.
Agora fágase de conta qui é vostede o que escoita o Cuco na tasca do Grolo..."
Á lus do candil. (Narrativa)
"Un encetoulle un caxote. Gracias que o carboeiro tiña unha escopeta. Non embargantes, viuse negro pra que non o mataran. A escopeta era o que me faguía cavilar.Collía o cabalo, arreaba e iba ver á súa querida a Leixazós, que non estaba moi lonxe. Leixazós é a terra máis infre que vin. Xa o dí o refrán: En Leixazós non entra carro nin entran Dios. Son ditos de xente búlgara.... (....)"
Historias que ninguén cre. (Narrativa)
"Todos vós tratades pouco ou moito a Xosé Saavedra Fernádez, conocido por Moncho de Grilo, nome iste que lle ven da súa casa patricia do Oural. Vive en Sarria xa fai ben anos, nunha casa dunha rúa adepartada que ten unha miaxa de xardín.
En chegado a víspora do día de San Xohán, crese na obriga de coller unha taranqueira. Cecais en honor do Santo."
Aquilino Iglesia Alvariño.
Nceu na aldea de Seivane, o once de Xuño de 1909. Despois de deixar a carreira eclesiástica, licenciase en Folosofía e Letras na Universidade de Santiago. En 1949 gaña a cátedra de latín no Instituto de Lugo. Trasledase logo ós se Pontevedra e Santiago, onde traballou no instituto Padre Sarmiento e onde morreu o 29 de Xullo de 1961.
Aquilino Iglesia é fundalmentalmente un poeta. En narrativa publica estudios basados en Cabanillas, Noriega Varela, da teoría da filosofía da saudade,ect. Como traductor fai unha versión libre dos Carmina, tratando de extender máis a lingua galega que de facer unha verdadeira traducción. Tamén é máis versión que traducción a que fixo de Aulularia, de Plauto, que se cinvirte en A comedia da oliña.
Ós vinte anos publicou o seu primer libro, Señardá (1930).É un volume de cincuenta sonetos, onde se ensaian diversos ritmos. A influencia portuguesa encontrase notablemente presente na lingua e n o estilo.
O seu segundo libro publicouno en 1933, e keva por titulo Corazón ao vento. Nos poemas máis antigos, os de 1930, aínda segue Iglesia a liña de Señardá, e tamén continúa coa lingua da primeira obra. Os poemas restantes, os de 1931 e 1932, seguen dúas direccións. O primeiro grupo, infuído pola personificación do natural de Amado Carballo. unida a certo sentimentalismo. O segundo grupo de composicións ensaian o vangardismo, non con moito éxito polo pouco dominio que do verso libre posúe. Nesta obra xa mostra a tendencia cara o dialectalismo que ó fin da súa obra chegará a aceptación do castelanismo frente ó lusismo inicial.
A súa terceira obra ten por título, Cómaros verdes, e é de 1947. O mellor da obra son os poemas que se atopan no apartado de "Cabrifollos e oucas".
En 1950 publica De día a día, onde de certo modo volve a liña primeriza de Señardá e o acuarelismo de Cómaros verdes. Ó ano seguinte aparece Nenias, onde prima a contrucción sobre o contido, o que fai que as elexías e a temática da morte sexan frías e como pouco sentidas.
Coa aparición de Lanza de soledá, publicada en 1961 péchase uncírculo. Iglesia Alvariño volve co estoicismo e certo existencialimo que deixan de lado o seu antigo primitivismo. Volve tamén ó soneto coma forma exclusiva da obra.
Despois da súa morte, publícase, en 1963, unha colectánea de poemas circunstanciais baixo o título de Leva o seu cantare, que non engaden nada novo á obra deste autor.
Unha das súas obras: Cómaros verdes. (Poesía)
"¡Ai, neniña, que escuro aquel ruxir
dos nosos pasos polo carballido!
Vanse enterando ledas as pisadas
na brandura da folla, entre os fieitos.
E o souto enchese todo de ledicia,
vello amigo dos mozos señardosos.
Ora veñen co angazo e cos carrascos
para apaña-la folla, a dos castiñeiros
xa está case curtida e apodrenta
a herba dos pasteiros miudiña."
Álvaro Cunqueiro.
Álvaro Cunqueiro Mora naceu en Mondoñedo, o 22 de Decembro de 1911. Comezou a estudiar a carreira de Filosofía e Letras que abandonou para converterse en periodista, axudando en diversos periódicos e revistas, ata chegou a director do Faro de Vigo. Morreu o 27 de Febreiro de 1981. En lingua galega cultivou, a poesía, oteatro, a narración e incluso o ensaio.
A súa primeira obra é poética, titulada Mar ao norde, publicada no ano 1932, onde se coloca, nunha poesía moi pura, coma poeta de vangarda. A obra trata da temáticamariñeira. Segue nesta liña vangardista coa súa segunda obra, Poemas do sí e non, de 1933; este libro, consta de tres partes. Tódolos poemas da obra, agás un están compostos por versos moi longos.
Co seu terceiro libro, Cantiga nova que se chama Ribeira
tamén publicada en 1933. Coa aparición da segunda edición en 1957, o libro vese aumentado en seis poemas.
A súa producción poética completase coa obra de 1950, Dona do coropo delgado, que supón coma unha coincidencia de súas dúas direccións poéticas.
Coma dramaturgo, publica en 1959, O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca, que coma acontece en moitas das súas obras narrativas, parte dunhas realidades literarias e míticas preexistentes, para ser logo narradas dende o seu punto de vista.
A segunda peza, publícase en 1965, leva por título, A noite vai coma un río. Trátase dun amor en tempos de guerra. A esta séguenlle, dúas obras remodeladas, xunto con dúas fragmentarias, Función de Romeo e Xulieta, e Palabras de víspera, que foron publicadas nunha sola obra, baixo o título de Don Hamlet e trs pezas máis, en 1974; estas compoñen toda a obra dramática de Cunqueiro.
Na súa producción narrativa, podemos engadir unha obra que en realidade é un ensaio literarrio, titulada, Tesouros novos e vellos, de 1964. Agora xa falando das súas obras en narrativa, publica Merlín e familia e outras historias, en 1955, libro de memorias narrado por Felipe de Amancia. Neste libro narrannosunha serie de historias en torno o poder máxico de Merlín que na súa segunda edición vense aumentadas por seis relatos máis, de cando Felipe xa deixara a Merlín.
As crónicas do sochantre, 1956, é unha obra que ten coma núcleo un conxunto de historias que presencia o protagonista. A obra é en conxunto unha colección de contos oídas e vividas polo sochantre.
En Si o vello Simbad volvese ás illas..., obra de 1960, hai tamén unha serie de historias enlazadas que se aproximan á novela. O narrador non permite a confusión entre o que lle ocorre a Simbad co que é fruto da súa imaxinación.
Escola de Menciñeiros, de 1960 e Xente de aquí e acolá, son sustancialmente narracións, ó redor de xente, reais ou imaxinarias.
O mundo narrativo de Cunqueiro, xira arredor dun mundo mítico e literario que él atopa morto, pero que unido ás xentes galegas e unido tamén a realidade imaxinativa do país galego, resurxe, reavivando, a beleza dos vellos mitos e das vellas lendas, e culturas, sobre as que actúa o humor e outros moitos accidentes.
Algunhas das súas obras: As crónicas do Sochantre. (Narrativa)
"Era unha morte moi doce, cáseque coma adormecer. Non era eso o pedido. Eu quería darlle unha noite máis dura. Sober todo eu quería ollar o sangue, oolar o sangue no chan, sentir caír o sangue da cama no chan, pinga a pinga, coma cando, dende a miña cama, sinto caír as pingueiras no faiado, nas noites de xoula e chuvia."
O incerto Señor don Hamlet.
"Señor, traio a carta de amor que recibín e me pideches. Xa sei como se chama o estudante. É de familia probe. Virá a despedirse denantes de se marchar pra Wittenberga. Lembraraste del cando che conte...."
Palabras de víspera. (Teatro)
"Encuberto: O noso propio será fuxir. Deixamos a escea ao leirón grande e aos leiróns pequenos. ¡Fuxir de amor, con amor, por amor! ¡poderíamos pasar a ultramar, onde din que hai noites en que a lúa, si escoita falar de amor, párase sober os namorados!
Urraca: ¿Ti sabes falar de amor?"
A noite vai coma un río. (Teatro)
"Muller 2ª: Ao gordo sabíalle.
A modesta: Nunha hora corta estades no camiño real.Non digades a ninguén que durmíchedes aquí. E non víchedes homes por esta banda. Hai que axudarse os uns aos outros, e non queremos que manden gardas. Queremos paz. Esto é outro país.
Muller 2ª: Xa se conoce. Aquí prenden algo na fala.
Muller 3ª: Xa é hora. ¡Gracias outra vez pola noite e o abrigo!"
Escola de Menciñeiros. (Narrativa)
"Era de Santalla de Oscos, onde é a temerosa gorxa entre íspidos cumes, onde foron os freires e aínda son os ferreiros. Era un home moi alto, moi fraco, de ollos moi claros, e sempre con olleiras mouras, moi sucadas. Sobre a fronte caíanlle uns rizos brancos. Sentábase e mandaba sentar o doente diante del. "
Xente de aquí e de acolá. (Narrativa.)
"Penedo desfixo o paquete da merenda e déulle un pouco de queixo á pega. E namentras a convidaba faláballe en catelán, tratando de convencela de que se trocase en coello.
-Polo chiste de ver o cambio, muller!
E si se convertía, que se puxese acolá embaixo, onde son os liñares azúes por San Xohán, por ensaiar a vista."
Cantiga nova que se chama ribeira. (Poesía)
"Hai unah illa louvada
alá no fodal do mar.
Ten bois da color do tempo
e pastoras de cristal.
Ten un río de paxaros
que desemboca en canción.
Paxaros mornos de illa
con os seus niños no sol."
Si o vello Simbad volvese ás illas....... (Narrativa)
"Simbad non ben chega muxe a bura pro desauno, e molla no leite unha migada de pan seco, que deixa amolecer, e ponlle ao pacífico animal unha solta de torzal e déixao que praza nun curro que hai alí de media parede, de cando o Ermir de Bolanda tiña naquela camposa os seus criadeiros de cabalos prá sua garda montada."
Celso Emilio Ferreiro.
Naceu en Celanova en 1914 e morreu en 1979.Os vinteún anos publica Cartafol de poesía. Algúnas anos despois, en 1954, publica O soño sulagado, que é "o exemplo" que seguirán as súas seguintes obras. En 1962, publica un libro que supón o acontecemento máis importante da poesía galega moderna , titulado, Longa noite de pedra, que ten moito éxito tanto en Galicia coma fóra dela. Esta obra é un ataque , por así dicilo ó que Ferreiro consideraba inxusto e opresivo. Esta obra caracterízase polo estilo coloquial que caracteríza a este autor.
En 1966 emigra a Venezuela. O poeta tiña idealizada á Galiza emigrante, cría que fora dela era unha Galicia libre e sin opresións; pois por aquel entonces, Galicia era víctima de miserias,e da opresión.
Pero a realidade da Galicia emigrante faille cambiar de opinión, os galegos emigrantes e enriquecidos cara os seus ollos son xente egoísta e sen espíritu galego. Contra estas xentes a quen eles chama ananos, publica en 1968, o mítico libro, Viaxe ó país dos ananos:
"Galicia xace aquí morta de anguria,
crucificada en sombras, sepultada
baixo as nádegas porcas dos badocos,
dos pequenos burgueses desrtores,
alugados ó esterco,
vendidos ás letrinas,
sen outro afán nin fin que o dasme-douche,
o vendo-merco, okey, pago ó contado."
E en contra da antiga opinión, quere que ninguén saia emigrante desta Galicia que tanto adora; e tamén relacionado con esta, súa viaxe, publica baixo o seudónimo de Aristides Silveira, Cantigas de escarnio de maldicir.
Co mesmo tono sarcástico e coa mesma intención, publica as obras, Paco Pixiñas, en 1970 e Ceminterio privado en 1973. primeiro trata dun labrego que emigra e enriquece, trocando sucesivamente a súa persoa e converténdose nun "anano".
O seguinte libro que publica titúlase Antipoemas. No ano 1971, gañou traducido ó castela´n, un premio internacional de poesía, e o ano seguinte foi publicado en galego.
De diferente temática é o seu seguinte libro, Terra de ningures, publicado en 1969, é unha breve colección de composicións sinxelas. Moitos destes poemas rematan nunha copla.
Onde o mundo se cham Celanova é moi diferente ós seus antecesores. Esta obra present poemas de carácter sentimental, provocados pola lmebranza da vila ourensá. Foi publicado en 1975.
Os seus dous últimos libros son narrativa, e levan por título; o primeiro publicado en 1972, A fronteira infinda; e o segundo, que é de 1978, titúlase, Ataberna do galo.
Paco Pixiñas.
"Pasaron moitas lúas,
ningunha délas leda,
sempre dobrada a illarga
i abatida a cabeza,
que ao probe, só por selo,
todos lle tiran pedras.
As xentes non se doen
de aqués que teñen penas.
Farto de tanta fame
e de tales miserias,
maldizoei dos homes
que ao mundo desgobernan
e dixen en voz baixa
(pra non verme en querellas
nin en díxome, díxome)
¡mala centella os fenda!"
O soño sulagado.(Poesía)
"Cando o corvo da noite se pousaba
nas derradeiras luces do solpor,
os meus ollos de neno
enchíanse de bágoas e de lóstregos.
O vento que fungaba nas vereas
era un home langrán envolto en brétema
cun fol ó lombo pra levar meniños.
As arbres semellaban
pantasmas de cabalos desbocados
agallopando os eidos.
Un medo que me viña
das raíces do mundo
tremíame no sangue."
Longa noite de pedra. (poesía)
"Se dixese que si,
que todo está moi ben,
que o mundo está moi bon,
que cadaquén é cadaquén....
Conformidá.
Admiración...
Calar, calar, calar,
e moita precaución."
Onde o mundo se chama Celanova. (Poesía)
" Cando quero vivir
Digo Moraima.
Digo Moraima
cando semento a espranza
Digo Moraima
e ponse azul a alba.
Cando quero soñar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a noite é pechada.
Digo Moraima
e ponse a luz en marcha.
Cando quero chorar
digo Moraima."
A fronteira infinda. (Narrativa)
"Candelario endexamais maltrataba ós prisioneiros e sempre se negaba a colaborar en calquera forma de abuso. -Eu non son un caimán son un soldado-. Esta actitude neutra tiña a Candelario descalificado perante os xefes, e por iso non puido acadar mais que os galóns de distinguido."
Xosé Luis Méndez Ferrín.
Naceu en 1938. Estudiou os primeiros anos de Filosofía e Letras en Santiago para, mais adiante,licenciarse na Universidade de Madrid en Filoloxía Románica.
En 1957 publica Voce na néboa, ora na que se atopan presentes, a preocupación existencial e relixiosa, e a presencia dun mundo mítico.
En 1972, poderíamos dicir que co seudónimode Heriberto Bens, publica Antoloxía popular, e no ano 1980, A poesía enteira de Heriberto Bens, que leva un prólogo escrito polo propio Méndz Ferrín. Con Pólvora e Magnolias, 1976, supón arenovación da poesía galega. Tratáse de versos libres.
A súa última obra poética titulase, O fin dun canto; publicada en 1982.
As obras narrativas de Ferrín son bastante;comezamos, pola súa primeira obra Narrativa.
Percival e outras historias , publicada en 1958, contén 14 relatos nos que atopamo-las característics máis comúns da sua narrativa.
O crepúsculo e as formigas,de 1961, creada no seno do terror e a intriga no que os homes son coma formigas en fila impulsadas por alo a un tráxico destino.
Arrabaldo do norte, de 1964, é a súa primeira novela. Trátase da historia dunho home que non se sebe que busca nin o que quere. Desenvólvese nos arrabaldos da cidade.
Retorno a Tagen Ata, 1971, no que este lugar representa a Galicia. Elípsis e outras sombras segue a liña desta outra obra. As dúas desenvólvense nun ambiente de política-ficción.
Antón e os inocentes, 1976, é un xogo coa liña do tempo.
Algúns temas da novela teñen un gran intrés sociolóxico.
Crónica de nós,de 1980, onde Ferrín nos demostras asúa forza narrativa, e onde emprega moitos recursod literarios.
Amor de Artur, é unha obra de 1982, e contén 5 narracións.
Poesía enteira de Heriberto Bens. (Poesía)
"A espiral da tortura,
as pantasmas odiadas,
o libro do silencio
e a tristura probada
rematan nista noite,
oh miña ben amada,
pra comenzaren logo
á mañán, coma lama.
Boas noites, amiga,
dígoche dende o cárcere,
méntrelo teu recordo
froitifícame, árdeme."
Con pólvora e magnolias. (Poesía)
"Señoras do pasado, damas investigadas a través dos ensoños
sobre cabalos nidios, inmóviles no outono de antano,
sen bris mesmo,
merci por un crepúsculo, ou acaso algún beixo,
ou polos poderosos erguementos do sangue,
ou por sorrisos líquidos a carón da magnolia."
O crepúsculo e as formigas. (Narrativa)
"Pero, sobre todo, molestoume o grande rumor dos canabais, axitados como unha cabeleira erecta que berrase. Fixeime no Suso. O Suso sempre tranquilizaba coa cara morena e fina que el tiña e os xeitos seguros."
Crónica de nós. (Narrativa)
"Dandys, oficiais e damiselas, abríronlle o camiño, sen saber, e os novos amantes gañaron o vestíbulo.Recuperou o cabaleiro o seu chapeo; axustou as luvas; permitiu que as esporas lle foran calzadas depositando un e outro pé no escabelo carmesín da prtería."
Retorno a Tangen Ata. (Narrativa)
"Era noite. Escrbín no meu diario esta páxina: Dende a ponte do navío que lentamente se achegaba á terra percibín as luciñas do meu non visto endexamáis país soñado do corazón eterno esposo Tangen Ata viño da miña boca cabalo dos meus pulsos gardenia depositada nos meus peitos oh oh despois e depóis aconteceu coma unha vaga indecible a espiral dos ulidos rebordando o salitre todo o corazón da terra azul dunha Grande Fraga (....)"
Antón e os inocentes. (Narrativa)
"O solpor fórase. Avanzaron as sombras dende os currunchos coma grandes porcos, cara o centro do taller, Narda, que inmóvil, pernas cruzadas, fechara os ollos ante o seu avance."
Amor de Artur. (Narrativa)
" O imperio de Lam-Ko transformárase, baixo o goberno ríxido e formal da Casa de Em-boara, nunha colectividade que apenas facía outramente do que oolar pra ela mesma."
Percival e outras historias. (Narrativa)
"Percival levantouse da cadeira, pechóu a radio, ollóu pola fenestra. A longa lúa íase perder ao lonxe antre semáforos roxos e verdes de anuncios fluorescentes. Zarróu a fenestra con forza e choeuna con empeño."
Arrabaldo do norte. (Narrativa)
Eu teño unha carpeta sobre un dos sillóns do hall da sua casa. Nela están os meus documentos personáis: estracto de nacemento, carta de traballo, carnet de resevista. Pode, ser vostede quer, facer uso deles en contra miña. Pero agora teño que continuar rexistrando, agora teño que inspecionar o seu dormitorio."
![]()
Autores de hoxe.
Darío Xohán Cabana.
Traballou durante cinco anos na Editorial Castrelos en Vigo, foi corrector de A Nosa Terra, e colaborou en distintos xornais galegos. Profesionalmente desempeñou, varios traballos, sendo na actualidade funcionario, por oposición do concello de Lugo.
É sobre todo un poeta. Como tal obtuvo máis de sesenta premios literarios. É autor das seguintes obras e verso: Vervas a un irmao,1970, Romanceiro da Terra Chá, 1973, Elexía nunha escuridade mortal, 1974, A fraga amurallada, 1983, VIII fragmentos, 1986, Amor en tempo liso, 1986, e Canta de cerca a morte, 1994.
Entre as súas obras narrativas para adultos destacan: Galván en Saaor,1989, Fortunato de Trasmundi, 1990, Vidas senlleiras,1992, O cervo na torre, 1992, e Morte de rei, recén publicada.
As súas obras de literatura infantil e xuvenil son: O avión de Cangas, 1991, e As aventuras de Breogán Folgueira, 1990.
Carlos Casares.
Naceu en 1941. Estudiou Filosofía e Letras. Combina o seu traballo, coma director da Editorial Galaxia, coa docencia nun institutovigués.
Inicia a súa carreira coma narrador, coa obra Vento ferido,1967. A esta primeira séguenlle: Cambio en tres, 1969, Os escuros soños de Clío, 1979,
lustrísima, 1980, Os mortos daquel verán, 1987, e Deus nun sillón azul.
Publicou tamén A galiña azul, 1968, e As laranxas máis laranxas de tódalas alranxas, 1973.
Manuel Rivas.
Naceu en A Coruña en 1957. Licenciado en Ciencias da Información. Xornalista. Colaborador de El País, A Nosa Terra. Director da revista Luzes de Galicia. Como analista ten publicado: Galicia el bonsai atlántico, 1989, No mellor país do mundo, 1991, Toxos e flores, 1992, Libro do Entroido, 1979, Anisia e outras sombras , 1981,. A súa obra poética está recollida na antoloxía, O pobo da noite, 1996. Coma narrador ten publicado, Todo ben, 1985, Un millón de vacas, 1989, Contos eróticos/ eles,1990, Contos do castromil,1990, Os comedores de patacas, 1991, En salvaxe compaña, 1994, ¿Que me qures, amor?, 1995, O lapis do carpinteiro, 1998. A súa obra narrativa está traducida ó castelán, portugués, catalán, francés, italiano e alemán.