Toponimia: patrimonio inmaterial.

Envíanos os topónimos da túa zona, para publicalos aquí.

 

Algunhas notas sobre a toponimia

 (Baseado nun curso de Gonzalo Navaza)

            A onomástica (Onoma significa nome) estudia:

 

A zona de Europa máis rica en topónimos é Galiza. Para medir isto, utilízanse tres parámetros:

Esta riqueza de topónimos en Galiza, débese a dous factores:

·        Orografía irregular

·        Dispersión da poboación: Nomenclator de Galiza é de case 40.000 nomes para entidades de poboación, dos que un 90% son milenarios. En España hai 100.000 aproximadamente

 

Pero esta riqueza está a desaparecer. Nun estudio da Asociación Galega de Onomástica demóstrase que de xeración a xeración vai perdéndose un numero enorme de topónimos. Envíanos os topónimos da túa zona indicados xeograficamente.

 

Sobre isto pódese atopar información en:

É intesesante observas como nos escritos antigos tradúcense topónimos do galego ao castelán. O feito de castelanizar os topónimos trae cousas curiosas como o topónimo Prado de Argelinas, que vén de Prados das ghaliñas, con rotacismo: Prado dar ghaliñas.

 

Tipos de toponimia:

·        Oiconimia

·        Odonimia: Vías públicas.

·        Apoteconimia: Nomes de establecementos.

 

As interpretación nada científicas: Non hai que facer casos das interpretacións populares da tradición oral, como por exemplo que "Nigrán" vén que un ano que non había colleitas porque non chovía decían que non había "ni gran", ou o caso de "Maside" que podía vir de que non parasen alí que seguisen máis: "Más ide". Os castelanismo "ni" e "gran" son un absurdo.

As interpretación nada científicas veñen do S.XIX cando a Etimolixía considerábase unha arte, algo que se inventaba.

Exemplo: A palaba CADAVER  vén de CAro (carne), DAta (dada) VERdibus (vermes)

 

Envíanos os topónimos da túa zona.